Saturno contro é unha película italiana de 2007 dirixida por Ferzan Özpetek, quen, canda Gianni Rómoli, escribiu tamén o guión.

Estreouse en España o 5 de outubro de 2007 co nome de No basta una vida.

Argumento

Narra a vida dun grupo de amigos que se xuntan habitualmente na casa de Davide (Pierfrancesco Favino) e Lorenzo (Luca Argentero), que son parella. No grupo tamén atopamos o matrimonio formado por Angélica (Margherita Buy) e Antonio (Stefano Accorsi), quen mantén unha relación con outra muller; a Neval (Serra Yılmaz), inmigrante turca, e o seu home Roberto (Filippo Timi), a Roberta (Ambra Angiolini), a Sergio (Ennio Fantastichini), antiga parella de Davide, e a Vittorio (Luigi Diberti).

A apacible vida do grupo verase interrompida cando a morte trastorne inesperadamente as súas vidas.

Banda sonora

Passione (Neffa) Ad un passo dal mare Zoo Be Zoo Be Zoo (Sophia Loren) Le rose e la pietra Bitmemiş Tango (Işın Karaca) Il quadro Remedios (Gabriella Ferri) Tema dei pianeti (parte 1) Attesa Pırlanta (Nil Karaibrahimgil) Tema dei pianeti (parte 2) Je suis venue te dire que je m’en vais (Carmen Consoli) Passione (Tango) Beguine (Neffa)

Premios

David di Donatello Mellor actriz secundaria (Ambra Angiolini) Premios Nastro D’Argento Mellor actriz (Margherita Buy) Mellor actriz secundaria (Ambra Angiolini) Mellor guión (Ferzan Özpetek) Mellor canción (Neffa)

Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de 2007