Este artigo trata sobre a novela de Cunqueiro, para o artigo sobre o filme véxase Sinbad.
Si o vello Sinbad volvese ás illas... é unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada por Galaxia en 1961. O personaxe principal está tomado do relato Simbad o mariño do libro As mil e unha noites.
Trama
Retrato do dito Sinbad mariñeiro Sinbad fala co criado/rapaz Sari e cóntalle das illas Cotovías. Sari non o cre, lévalle a contra, dille que non existen. Sinbad fala de como son e das súas aventuras nelas.
O país de Bolanda Fermosa descrición do río Iadid, e da vila, o mar e a casa de Sinbad.
Relata como descobre a un piloto contador e o dá por farsante, que nunca estivera en Karifete. Descríbese a fonda no Golfo e o seu dono Mansur, alí reúnense os pilotos. Sábese da conversa.
Sinbad conta a historia de cando levou a Cainán ao malik de Sostar, unha fermosa historia de ventos e outros feitos. Despois Sinbad no peirao recoñece polo cheiro ao perdedor do Reino Doncel e cóntase na conversa a historia do tal reino: un tío chepudo que vive afastado decapitando rebeldes; fai desaparecer o reino, menos o sobriño que escapa por unha fírgoa do manto.
Sinbad nunca fora casado, é pouco amigo de andar con mulleres. Cóntase das súas pertenzas e do caso do señor e os garfos de tres gallas. A princesiña de Badrubalbur levaba no séquito un piloto chamado Marco Polo.
Vésperas de viaxe Pensa Sinbad ofrecerse a un señor do Farfistán. Pon tarxeta de aviso no Peirao e anótanse:
Sinbad, terá nao prá especiería tralo Monzón Sari, criado de mareas e refrescos de Sinbad Abdalá o cego, vixía e dedo polgar de Sinbad
Non hai novas sobre o barco que se debía estar a facer en Basora para Sinbad. Cóntase a historia das caravanas de Sidi Raxel al-Gazulí, o armador das naos. Hai cinco mariñeiros xa anotados. Sinbad soña coa viúva Alba. Mansur examina ao aspirante a cociñeiro do barco Muley Casimiro.
Aluga unha burra a diario para poder ir ver o mar a fóra e dela se alimenta. Xa se fan burlas na vila polo atraso do embarque. Vén o tempo do Monzón coas súas chuvias, Sari e Sinbad teñen que quedar na casa. Os farois imitan os golfiños. Lémbrase a historia do golfiño con orellas para subir ao colo do mariñeiro.
Segue sen novas e dálle nome á nao, A Venadita, por aquela serea amiga súa nas Molucas. Está na súa casa Ruz o Mouro que conta de naves que se perderon por Ormuz. Sinbad conta a viaxe a Puisang, unha ribeira da China, a través dunha balea. E entre historias do mariñeiro empeza a mellorar o tempo.
Navegaciós e naufraxios de Sinbad Seguen sen novas da travesía e continúan as burlas da xente. Sinbad, Sari e o vixía Abdalá collen a burra a van camiño de Basora para facerse coas naos e volver a Bolanda. Nunha pousada atopan uns comerciantes que levan de criado a Sari para que visite o armador soñado, Sidi Raxel al-Gazulí. Xa en Basora o garda non os deixa entrar e teñen que pagarlle para poder entrar nos estaleiros. É un turco que lles leva os cartos. Non conseguen dar coas naos. Sinbad queda sen sentido e perde a vista.
De novo en Bolanda Sinbad está cego e ten pouco humor. Agora ten o respecto da xente, é unha institución. No peirao ninguén ousou quitar o aviso do embarque posto por Sinbad.
Remata repetindo 23 veces: Que teña paz!
Apéndices
Conversa de mares arábigos que fixo Sinbad en Chipre aos pilotos gregos, asegún foi recollida por Teotikes Papadopoulos de Esmirna.15x15px Parágrafo lido por Camilo Nogueira. A dama que enganada por un demo elegante quixo mercarlle ó vento a perdiz que falaba.
Narración É unha novela narrada en terceira persoa por Al-Faris Ibn Iaquim Al Galizí, heterónimo do autor (Álvaro fillo de Xaquín o Galego).
Personaxes Sinbad. Trasunto de Simbad o mariñeiro. Mansur. Rexenta unha pousada na vila, onde se fai tertulia. Sari. Rapaz da vila, amigo de Sinbad. Alba. Viúva veciña de Sinbad. Abdalá. Cego da vila.
Espazo e tempo É unha obra atemporal, con elementos de diversos períodos históricos. A acción desenvólvese nunha vila costeira.
Edicións A 10ª edición é de 2005, 1ª na Biblioteca Álvaro Cunqueiro de Galaxia. En 2011 volveu reeditarse.
O libro ten ilustracións de Xohán Ledo. Está adicado a Emilio Álvarez Blázquez e conta cunha cita inicial de P. B. Shelley.
A versión en castelán, Cuando el viejo Sinbad vuelva a las islas, foi publicada en 1962Cuando el viejo Sinbad vuelva a las islas. O libro foi traducido a outras linguas coma o italiano,Se il vecchio Sinbad tornasse alle isole... holandésAls de oude Sinbad zou terugkeren naar de eilanden ou árabeInstituto Cervantes ..
Quico Cadaval adaptou a obra ó teatro en 1999, e en 2011 Antón Dobao dirixiu a adaptación cinematográfica co título de Sinbad.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, 2005, DVD. "A viagem contra o tempo: “Si o vello Sinbad volvese ás illas” en Souto, Elvira (1991). Viagens na Literatura. Laiovento.
Outros artigos Merlín e familia As crónicas do sochantre Escola de menciñeiros Os outros feirantes
Ligazóns externas Mostra dunha edición do ano 2005 de Galaxia en Google books, con capa de Lugrís.
Categoría:Obras literarias de 1961 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro Categoría:Editorial Galaxia