Rozas é un lugar da parroquia de San Fiz de Quión, no concello coruñés de Touro. En decembro de 2016, segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, ten 12 habitantes, dos cales cinco son mulleres e sete homes.

Dista da capital do concello 2,7 km. Polo lugar pasa o río das Rozas (5,5 km de lonxitude), que nace no concello do Pino e desemboca pola marxe dereita no río Lañas, afluente do Ulla.

Lugares e parroquias Lugares de San Fiz de Quión

Parroquias de Touro

Categoría:Lugares de Touro