En fonética, a articulación é o conxunto dos movementos dos órganos vocais, que determinan a forma dos diferentes resoadores na pasaxe do aire larínxeo e, polo tanto, a natureza das ondas sonoras utilizadas para a produción dos sons da linguaxe.

A articulación defínese por dous parámetros: o modo de articulación: a maneira pola que o aire escoa (vibración das cordas vocais, abertura do canal respiratorio etc.) o punto de articulación: o lugar onde se estreita o canal respiratorio.

Véxase tamén Outros artigos Articulador Dupla articulación da linguaxe Articulación do discurso

Categoría:Lingüística