José Luis Vázquez Vázquez, coñecido como Vilaseco, nado en Vilaseco (O Pino) o 25 de decembro de 1936 e finado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 2008, foi un pintor galego de corte costumista, con algunhas incursións na arte abstracta, o realismo, o surrealismo e a pintura naïf.

Traxectoria Foi fundador, presidente e presidente de honra da Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra, e cofundador e membro directivo da revista cultural Contrastes. tamén foi colaborador de Antena 3 Radio, Radio Pontevedra, Atlántico Diario, Diario de Pontevedra, Xornal Diario e as revistas Estilo Galicia, Contrates e Vía Lusitana.

Vilaseco tamén foi militar e cabaleiro da Serenísima Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago.

Obra As súas obras están presentes en diferentes entidades e museos como o Museo de Pontevedra e o Etnográfico de Rodeiro, o Ateneo Santa Cecilia de Marín e a Deputación de Pontevedra. Precisamente, Vilaseco doou 45 cadros de temática de costumes ao Museo Municipal de Rodeiro, e ten colaborado de forma moi activa con este concello na promoción artística e cultural.

En palabras da escritora María del Carmen Gago Florenti:

Véxase tamén Bibliografía Gago Florenti, M. C. (2000): Vilaseco, el pintor y su obra. ISBN 84-607-1910-3.

Ligazóns externas Rodeiro.org AsACPo.com DePontevedra.es RiasBaixas.DePo.es

Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Nados no Pino Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes