The Beach é un filme de aventuras dirixido por Danny Boyle baseado na novela de 1996 The Beach escrita por Alex Garland, que foi adaptada para o filme por John Hodge. Está protagonizada por Leonardo DiCaprio. Tamén aparecen neste filme Tilda Swinton, Robert Carlyle, Virginie Ledoyen e Guillaume Canet. Foi rodada na illa tailandesa de Koh Phi Phi.
Sinopse O desexo de vivir experiencias interesantes, de atopar algo ou alguén auténtico é o que empurra a Richard (Leonardo DiCaprio), un xove mochileiro, a ir a Tailandia. Unha vez en Bangkok, alóxase nun hotel de mala morte, onde coincide cunha parella de franceses: Étienne (Guillaume Canet) e Françoise (Virginie Ledoyen). Pero, sobre todo, coñece a Daffy (Robert Carlyle), un viaxeiro destruído por anos de sol e drogas e que está de volta de todo. Daffy, un ser tortuoso e paranoico, cóntalle a Richard unha historia fantástica sobre unha illa paradisíaca, sobre unha praia perfecta que nunca foi profanada polos turistas.
Personaxes Leonardo DiCaprio como Richard Tilda Swinton como Sal Virginie Ledoyen como Françoise Guillaume Canet como Étienne Paterson Joseph como Keaty Lars Arentz-Hansen como Bugs Robert Carlyle como Daffy Peter Youngblood Hills como Zeph Jerry Swindall como Sammy Zelda Tinska como Sonja Victoria Smurfit como Muller do tempo Daniel Caltagirone como Unhygienix Peter Gevisser como Gregorio Lidija Zovkic como Mirjana Samuel Gough como Guitarrista Staffan Kihlbom como Christo Jukka Hiltunen como Karl Magnus Lindgren como Sten Abhijati 'Meuk' Jusakul como Xefe da plantación Sanya 'Gai' Cheunjit como Granxeiro Kaneung 'Nueng' Kenia como Granxeiro Somchai Santitarangkul como Granxeiro Seng Kawee como Granxeiro Somkuan 'Kuan' Siroon como Granxeiro Emma Renae Griffiths como Camarera
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Danny Boyle Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en Tailandia Categoría:Filmes ambientados en Tailandia