Progresistas por Silleda é un partido político silledense que se presenta dende o ano 2003 ás eleccións municipais do citado concello da comarca do Deza.

Traxectoria Esta formación, escindida da Candidatura Independente por Silleda, concorreu por primeira vez nas eleccións municipais do 2003 con José Manuel Fidalgo Pereiras como candidato á alcaldíaFidalgo encabeza la lista de PPS en Silleda en La Voz de Galicia (20/04/2003) (Consultado o 23/11/2016)., sen obter representación. Fidalgo repetiu como cabeza de lista nas eleccións municipais do 2007Entrevista a José Manuel Fidalgo Pereiras en La Voz de Galicia (10/05/2007) (Consultado o 23/11/2016)., nas que tampouco acadaron ningunha acta. De cara ás municipais do 2011, presentouse como candidato á alcaldía o presidente do partido Aurelio Fernández Villaverde Energía limpia desde PPS en El Correo Gallego (10/05/2016) (Consultado o 23/11/2016)., sen obter ningún concelleiro por terceira vez. Nos comicios de 2015, a formación non concorreu e apoiou a lista do PSOE localProgresistas por Silleda no concurrirá a las elecciones y apoyará la lista del PSOE en Faro de Vigo (20/03/2015) (Consultado o 23/11/2016)., que acabaría obtendo maioría absoluta con Fernández Villaverde como primeiro suplente.

Resultados Ano Votos Concelleiros 2003 105 (1,72 %) ningún 2007 152 (2,32 %) ningún 2011 88 (1,45 %) ningún 2015 (%) Non se presenta

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Silleda

Categoría:Partidos políticos de Galicia Categoría:Silleda