O alquimista é un libro publicado no Brasil en 1988 por Paulo Coelho. Traducido a máis de 88 linguas e publicado en máis de 150 países, o autor vendeu con esta obra máis de 135 millóns de exemplares no mundo.El alquimista. Cooperativa.cl, "El alquimista" de Paulo Coelho fue traducido al aimara y quechua" (27/08/2010) [Visitado o 17 de maio de 2011] En 2002, o Jornal de Letras de Portugal atribúelle o título de libro en lingua portuguesa máis vendido de tódolos tempos. Así mesmo, O alquimista é o título máis vendido na historia do Brasil, ademais, estivo nas listas dos libros máis vendidos en países como España, Portugal, Australia, Italia, Rusia e Alemaña, neste último incluso bateu o récord no ano 2002 con máis de 306 semanas de permanencia nas listas dos máis vendidos de Der Spiegel.Eshoradeelegir.com , Biografía de Paulo Coelho (páxs. 7-11) [Visitado o 17 de maio de 2011] O autor recibiu numerosos premios por esta obra, entre eles o premio BAMBI 2001, o Premio internacional Corine 2002 á mellor obra de ficción (Múnic) e o Nielsen Gold Book Award (Inglaterra, 2004).
Paulo Coelho accedeu ao Libro Guinness dos Récords despois de asinar 53 exemplares diferentes d' O alquimista en distintas linguas o 10 de outubro de 2003 durante a Feira do Libro de Frankfurt, converténdose así no autor que máis traducións da súa obra asina nun mesmo lugar.Guinness Worls Record , Guinness Worls Record: Most translations of a single title signed by the author in 1 sitting [Visitado o 17 de maio de 2011]
Características A obra trata da vida e aventuras de Santiago, un rapaz de dezaoito anos aproximadamente (estivo estudando nun seminario até os dezaseis anos e dous anos pastoreando ata que comeza a historia) que dende pequeno sempre vivira en España. O seu pai convenceuno de entrar nun seminario e ser sacerdote, mais o seu desexo de viaxar levouno a ser pastor.
O libro versa sobre os soños e os medios que empregamos para acadalos, sobre os azares da vida e os sinais que se presentan ao longo da mesma (saber comprender, observar ditos sinais etc.).
É unha paráfrase dun texto tomado d' As mil e unha noites. Son as peripecias dun heroe que procura o seu tesouro lonxe do seu fogar para logo retornar a el e achalo, sofrendo durante a viaxe unha fonda transformación na súa visión do mundo e a realidade. Homenaxes
No Teatro Palacio Valdés de Áviles celebrouse unha homenaxe polos vinte anos da novela, coa presenza do escritor.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Síntese dos capítulos da versión castelá Biografía Paulo Coelho (pg7. O alquimista)
Categoría:Obras literarias de 1988 Categoría:Novelas en portugués Categoría:Novelas ambientadas en África