George Herbert Leigh Mallory (18 de xuño de 1886 – 8 ou 9 de xuño de 1924) foi un escalador e alpinista británico que tomou parte nas tres primeiras expedicións que se propoñían escalar o Everest (1921, 1922 e 1924). Desapareceu xunto co seu compañeiro de cordada, Andrew Irvine, a máis de 8.000 msnm na cara nordeste da montaña. Aínda hoxe persiste a dúbida sobre se conseguiron facer cume, en cuxo caso, adelantaríanse en 29 anos ao primeiro ascenso oficial, que levaron a cabo Edmund Hillary e Tenzing Norgay en 1953. O corpo de Mallory non foi atopado até 1999, 75 anos despois da súa desaparición.
Categoría:Alpinistas Categoría:Escaladores do Everest Categoría:Nados en 1886 Categoría:Nados en Inglaterra Categoría:Finados en 1924