Troia (en ) é un filme de xénero épico escrito por David Benioff e dirixido por Wolfgang Petersen que está baseado nos eventos da Guerra de Troia. Foi estreado no 2004. Estreouse en galego na TVG o 4 de abril de 2007.
Sinopse No século XI a.C., Paris (Orlando Bloom), príncipe de Troia, rapta a Helena (Diane Kruger), Raíña de Esparta, o que dá lugar á guerra dos gregos contra os troianos. O exército grego asediou á cidade de Troia durante máis de dez anos. Aquiles (Brad Pitt) era o grande heroe dos gregos, mentres Heitor (Eric Bana), o fillo máis vello de Príamo (Peter O'Toole), rei de Troia, representaba a esperanza da cidade asediada.
Personaxes Gregos Brad Pitt como Aquiles - Fillo de Peleu e Tetis. Líder dos mirmidóns. Diane Kruger como Helena - Raíña de Esparta e muller de Menelao. Amante de Paris. Brian Cox como Agamenón - Rei de Micenas. Irmán de Menelao. Sean Bean como Ulises - Rei de Ítaca e amigo de Aquiles. Brendan Gleeson como Menelao - Rei de Esparta e esposo de Helena. Tyler Mane como Áiax o Grande - Rei de Salamina. Garrett Hedlund como Patroclo - Primo e estudante de Aquiles. John Shrapnel como Néstor (mitoloxía) - Conselleiro de Agamenón. Vincent Regan como Eudoros - Capitán dos mirmidóns. Julie Christie como Tetis - Nai de Aquiles. Ken Bones como Hippasus - Conselleiro de Menelao. Julian Glover como Triopas - Rei de Tesalia. Nathan Jones como Boagrius - Campión de Tesalia. Siri Svegler como Polydora - Espartana. Adoni Maropis como oficial de Agamenón. Jacob Smith como Mensaxeiro. Retxed Karpintero como Vello pescador espartano. Lucie Barat como Criada de Helena.
Troianos Eric Bana como Heitor - Príncipe de Troia. Fillo máis vello de Príamo. Orlando Bloom como Paris - Príncipe de Troia. Irmán de Heitor e amante de Helena. Peter O'Toole como Príamo - Rei de Troia. Rose Byrne como Briseida - Sacerdotisa do deus Apolo e curmá de Heitor e Paris. Saffron Burrows como Andrómaca - Esposa de Heitor. James Cosmo como Glauco - Xeneral do exército troiano. Nigel Terry como Archeptolemus - Conselleiro de Príamo. Trevor Eve como Velior - Sacerdote. Mark Lewis Jones como Tecton - Capitán da garda de Apolo. Owain Yeoman como Lisandro - Capitán do exército troiano. Frankie Fitzgerald como Eneas - Troiano.
Galardóns e nomeamentos 2004:Nomeada ó Oscar: Mellor vestiario.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Guerra de Troia Ligazóns externas Ficha na IMDb Web Oficial Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wolfgang Petersen Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Marrocos Categoría:Filmes rodados en Malta Categoría:Filmes ambientados na Grecia antiga Categoría:Filmes ambientados en Grecia Categoría:Filmes ambientados en Turquía Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego