En citoloxía denomínase fagosoma un vacúolo formado arredor dunha partícula que foi absorbida pola célula por fagocitose. Son típicos da célula animal. O vacúolo fórmase pola fusión da membrana celular arredor da partícula. O fagosoma é un compartimento celular no cal poden dixerirse e destruírse microorganismos patóxenos. Os fagosomas fusiónanse con lisosomas no seu proceso de maduración, formando fagolisosomas.
Algunhas bacterias patóxenas que chegan ao interior da célula ao seren fagocitadas, poden reproducirse no interior do fagosoma ou mesmo no interior do fagolisosoma, como é o caso da bacteria Coxiella burnetii.Hackstadt T and Williams J C "Biochemical stratagem for obligate parasitism of eukaryotic cells by Coxiella burnetii." Proc Natl Acad Sci U S A. 1981 May; 78(5): 3240–3244. Outras pasan ao citoplasma antes de que o fagosoma se fusione co lisosoma, como sucede con RickettsiaWinkler H H "Rickettsia Species (As Organisms)" Annual Review of Microbiology Vol. 44: 131-153. Moitas micobacterias, entre as que se inclúe Mycobacterium tuberculosis e a Mycobacteria avium paratuberculosis, manipula ao seu hospedador, un macrófago, para impedir que os lisosomas cargados de ácido nitroso se fusionen cos fagosomas e orixinen fagolisosomas maduros. Esta maduración incompleta do fagosoma mantén no seu interior un ambiente favorable ao microorganismo patóxeno.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas National Library of Medicine
Categoría:Orgánulos Categoría:Bioloxía celular