Manuel García Gerpe, nado en Ordes o 29 de abril de 1908 e finado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1949, foi un avogado e político galego.

Traxectoria miniatura|300px|Banda municipal de Ordes coa súa directiva en 1932. García Gerpe é o cuarto da segunda fila. Participou activamente na política universitaria. Licenciado en Dereito e militante de Izquierda Republicana, foi o líder ideolóxico da Segunda República en Ordes, especialmente durante o goberno municipal da Fronte Popular (entre febreiro e xullo do 1936). O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorpréndeo en Madrid. Dita conferencias no Ateneo de Madrid e en Unión Radio Madrid. Membro das Milicias Populares que defenderon Madrid das tropas franquistas, foi oficial do exército leal á República. Tamén participou no Tribunal de Xustiza militar da 44.º División (que operaba nas frontes do Ebro) e no Corpo Xurídico Militar do Exército Republicano. Coa derrota das forzas republicanas fuxiu a Francia onde estivo internado en varios campos de concentración. Fuxiu dun deles e chegou a París. Exiliouse na República Dominicana e foi reclamado pola Unión del Partido Judicial de Órdenes de Buenos Aires que o levou á Arxentina.

En Buenos Aires seguiu loitando contra a ditadura franquista e colaborou en Galicia. En 1945 integrou a comisión organizadora da Agrupación Izquierda Republicana na Arxentina con Luciano Vidán Freiría e Severino Iglesias Siso, da que foi secretario. Escribiu varios libros e exerceu o xornalismo político no exilio, onde fundou El Republicano Gallego e editou con Xosé Tobío Mayo e Manuel Varela Buján a folla “Crisol Gallego” que saía publicada no xornal Sábado.Galaxia publicará a novela inédita de Xosé Tobío Maio Partidario dunha liña de apoio decidido á guerrilla galega e á oposición antifranquista organizada en Francia, liderou o Centro Republicano Federal Gallego que esgazou da Federación de Sociedades Gallegas logo dun período de conflitividade interna entre 1948 e 1949.Emigración e exilio en Alfonso R. Castelao: Da «moura fartura» á «Galiza ideal» Xosé Manoel Núñez Seixas

Obras Política social, 1934. Alambradas: Mis nueve meses por los campos de concentración de Francia. Buenos Aires: Celta, 1941. Aramados. Alvarellos Editora, 2021 (traducido por Miro Villar). De la República Española a la Unión Soviética. La configuración constitucional de la postguerra. Buenos Aires: Tato, 1944.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Núñez Seixas, Xosé M. "Itinerarios do desterro: sobre a especificidade do exilio galego de 1936" en O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes