O termo demostración pode ter os seguintes significados:
Demostración, en filosofía, argumento dedutivo válido cuxas premisas son verdades establecidas e indisputábeis. Demostración matemática, ou proba matemática, razoamento realizado cunha lóxica válida que progresa a partir de ideas que se dan por certas (chamadas hipóteses) até a afirmación que se estea formulando, ou sexa, até obter a veracidade da tese formulada. Demostración automática de teoremas, ou dedución automatizada, subcampo máis desenvolvido na actualidade do razoamento automático, que se encarga da demostración de teoremas matemáticos mediante programas de ordenador. Teoría da demostración, ou teoría da proba, rama da lóxica matemática que trata as demostracións como obxectos matemáticos, facilitando a súa análise mediante técnicas matemáticas. Demostración, en merchandising, unha maneira de promover un produto probando o seu funcionamento ante os visitantes dun supermercado, hipermercado ou feira comercial. Demo (música), gravación semiprofesional ou caseira da versión dunha canción, realizada por un artista para referencia ou apoio. (O anglicismo demo é unha abreviatura da palabra demonstration, "demostración").