Katakuri-ke no kōfuku (カタクリ家の幸福) é un filme xaponés dirixido por Takashi Miike e escrito por Kikumi Yamagishi, que se estreou no 2001. Baséase no filme surcoreano The Quiet Family. O filme é unha comedia surrealista e de terror que ten secuencias sanguentas, números musicais e de baile e secuencias oníricas.
Sinopse A familia Katakuri acaba de abrir unha casa de hospedaxe nas montañas, pero coa mala fortuna de que o seu primeiro cliente suicídase. Para evitar problemas e que a xente non deixe de chegar ó hotel, deciden enterralo no xardín. As cousas non melloran co seu segundo cliente: un famoso loitador de sumo que morre tendo relacións sexuais cunha menor.
Personaxes Actor Papel Kenji Sawada Masao Katakuri Keiko Matsuzaka Terue Katakuri Shinji Takeda Masayuki Katakuri Naomi Nishida Shizue Katakuri Kiyoshiro Imawano Richâdo Sagawa Tetsuro Tamba Ojiisan Jinpei Katakuri Naoto Takenaka Presentador de Televisión Tamaki Miyazaki Yurie Katakuri Takashi Matsuzaki Utanômi
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Takashi Miike