Wenceslao Fernández de la Vega Lombán, nado na Veiga en 1909 e finado en Madrid o 23 de marzo de 1997, foi un avogado inspector de traballo asturiano.

Traxectoria Fillo do médico Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín e de Dolores Lombán Cotarelo, era irmán de Elisa, Jimena e Virgilio Fernández de la Vega Lombán. Ingresou na Inspección de Traballo o 8 de xuño de 1936. Foi nomeado polas autoridades republicanas Delegado Provincial de Traballo de segunda categoría de Albacete o 16 de febreiro de 1937, sendo ministro Anastasio de Gracia (PSOE). Ao remate da Guerra Civil Española foi depurado por Orde publicada no BOE de 22 de xaneiro de 1940, de acordo coa lei de Responsabilidades PolíticasBOE, 22 de xaneiro de 1940. Páx. 532., sendo Ministro de Agricultura Joaquín Benjumea Burín. A sanción foi revogada no BOE do 8 de maio de 1949, pero foille imposto o traslado forzoso con prohibición de solicitar cargos vacantes durante un ano, e a postergación por dous anos de inhabilitación para o desempeño de postos de mando e confianzaBOE, 8 de maio de 1949..

O 11 de novembro de 1955 foi nomeado Delegado Provincial de Traballo de ZaragozaBOE, 22 de novembro de 1955.. Foi cesado en 1963, poucos meses despois da caída do ministro Fermín Sanz-Orrio y Sanz -sucesor de Girón de Velasco-.

Foi condecorado coa Medalla ao Mérito no Traballo no 32º aniversario do Alzamento Nacional, o 18 de xullo de 1971

Familia Casou con Elena Sanz Reig coa que tivo dous fillos: Jesús e María Teresa Fernández de la Vega.

Notas

Categoría:Avogados de España Categoría:Nados na Veiga, Asturias Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Falanxistas