Makemake, tamén escrito Make-Make, é un deus polinésico presente na mitoloxía rapanui da Illa de Pascua. É o creador da humanidade, o deus da fertilidade e o deus xefe de "Tangata manu" ou do home-paxaro (esta seita sucedeu á era máis famosa dos Moais da illa). Parecía ser a forma local, ou nome, do antigo deus polinesio Tāne. Non tiña cónxuxe.Metraux 1940, p. 312

Makemake, representado como unha cara con ollos grandes ou quizais unha caveira con grandes concas dos ollos e un nariz fálico, é un tema frecuente dos petróglifos da Illa de Pascua.Metraux 1940, p. 313

Descrición miniatura|Icona que representa Makemake. Na mitoloxía de Rapa Nui era considerado como o creador do mundo. Ó ser unha illa moi afastada, co paso do tempo, as peticións do pobo rapanui cara ós deuses, estaban moi ligadas á adquisición de alimentos. Debido a iso, Make Make, a lendaria deidade de orixe guerreira (matato’a), desprazaría ó case esquecido Haua, así como tamén a Tangaroa, a maior divindade polinésica. Por iso Makemake está igualmente relacionado coa fertilidade.

Posteriormente os conflitos internos, no cal foron destruídos a gran maioría dos moais, fixeron que xurdise como resposta, un diferente culto a Makemake; agora presente na cerimonia do Tangata Manu (home-paxaro), na que os distintos clans competían anualmente polo poder político na illa.

Lenda A lenda di que logo de que Makemake crease a Terra sentía que lle faltaba algo. Pero sucedeu que un día tomou unha cabaza que contiña auga, e abraiado decatouse de que ó ollar na auga vía a súa faciana nela. Makemake saudou á súa imaxe mentres un paxaro se pousaba no seu ombreiro. Observando a gran semellanza entre a súa imaxe e a do paxaro, tomou o seu reflexo e mesturouno co do paxaro, xurdindo así o seu primoxénito.

Pero a pesar diso, Makemake igualmente pensou en crear un ser que tivese a súa imaxe, que falara e pensara como el o desexaba. Primeiramente fecundou as augas do mar, e produto diso apareceron os peixes. Pero como o resultado non foi o agardado, posteriormente procedeu a fecundar unha pedra na que había terra colorada, e dela xurdiu o home.

Make-Make estaba moi ledo ó crear o home como a criatura que el desexaba; e como observou que este víase moi só, posteriormente crearía tamén á muller.

Moito tempo despois, Makemake apareceríaselle en soños a Hau-Maka, e indicaríalle como chegar a unha illa inhabitada (a Illa de Pascua), para que nese lugar tivesen o seu novo fogar o Rei Hotu Matu'a e o seu pobo.

Posteriormente, Makemake xunto a Haua, levarían as aves ata os motu (illotes) fronte a Rano Kau; para que así se lles rendese culto mediante a cerimonia anual de Tangata Manu (o home-paxaro).

Obxecto astronómico Recentemente, a Unión Astronómica Internacional asignou a denominación Makemake (planeta anano) ó obxecto transneptuniano coñecido anteriormente como 2005 FY, sendo o cuarto planeta anano recoñecido como tal, e o primeiro que se corresponde cun deus da mitoloxía rapanui.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alfred Métraux. 1971. Ethnology of Easter Island. Bernice P. Bishop Museum Bulletin 160. Honolulu: Bishop Museum Press. Katherine Routledge The Mystery of Easter Island 1919

Categoría:Deuses rapanui Categoría:Deuses polinesios Categoría:Deuses creadores Categoría:Deuses das colleitas Categoría:Deuses da fertilidade