Ibrahim Afellay, nado en Utrecht o 2 de abril de 1986, é un exfutbolista neerlandés de ascendencia marroquí. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria PSV Eindhoven Iniciou a súa carreira deportiva no USV Elinwijk, antes de que o 4 de febreiro de 2004 debutase no profesionalismo co PSV Eindhoven, nun partido da Copa dos Países Baixos ante o NAC Breda. Dez días despois debutou na Eredivisie ante o FC Twente. Na campaña 2003/04 apenas xogou tres partidos. Na 2004/05 xogou en sete encontros.
O 15 de maio de 2005 xogou ante o Feyenoord, e deixou unha boa impresión, anotando dous goles. Despois foise afianzando no once inicial desde a tempada 2005/06, coas saídas de Johann Vogel e Mark van Bommel. Desde ese instante foi figura na obtención de tres ligas (2006, 2007 e 2008), e obtendo bos resultados na Liga de Campións. O 24 de outubro de 2010 participou co seu equipo, o PSV Eindhoven, na histórica vitoria ante o Feyenoord Rotterdam por 10:0, marcando o segundo gol do seu equipo.
FC Barcelona O 16 de novembro de 2010, o Futbol Club Barcelona anunciou un acordo co PSV Eindhoven para o traspaso do xogador. Finalmente, o 24 de decembro, asinou o seu contrato como novo xogador do Barcelona por catro tempadas e media.Afellay, na súa presentación: "O Barça é máis que un club"
O 2 de febreiro de 2011, Afellay marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Barça, no partido de volta das semifinais da Copa do Rei, contra o Almería, partido que terminaría 3 a 0 a favor do conxunto catalán. Na súa primeira tempada no club blaugrana, proclamouse campión da Liga española e da Liga de Campións da UEFA.
Selección nacional miniatura|Afellay coa selección neerlandesa. Ibi, como é alcumado, foi internacional coa Selección de fútbol dos Países Baixos en 26 ocasións, onde anotou 3 goles. Debutou o 28 de marzo de 2007 nun encontro clasificatorio para a Eurocopa 2008. No campionato europeo xogou ante Italia (partido que se saldou con triunfo orange por 3-0); e ante Rusia, que os eliminaría en cuartos de final.
Foi seleccionado para disputar o Mundial de Suráfrica 2010 no cal proclamouse subcampión do Mundo tras a derrota da súa selección ante España por 0-1. Nesta competición xogou 3 partidos, todos eles saíndo desde o banco. O 12 de outubro do 2010, anotou 2 goles e asistiu un, no partido de clasificación para a Eurocopa de 2012, ante Suecia.
Estatísticas
miniatura|Afellay xogando para o PSV. ClubTempadaLigaCopaEuropaOutros1TotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesPSV2003–042010——302004–057220——922005–062322080103422006–072762050—3462007–082420080103322008–09281310401034132009–1029441111—4462010–111971061—268Total159361314223021739FC Barcelona2010–111506151—141Total1506150—261Total carreira174361924723024340
1Inclúe outras competicións como: Supercopa dos Países Baixos, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs da FIFA.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoEredivisiePSV Eindhoven Países Baixos2004-05Copa dos Países BaixosPSV Eindhoven Países Baixos2004-05EredivisiePSV Eindhoven Países Baixos2005-06EredivisiePSV Eindhoven Países Baixos2006-07EredivisiePSV Eindhoven Países Baixos2007-08Supercopa dos Países BaixosPSV Eindhoven Países Baixos2008Liga EspañolaFC Barcelona España2011
Campionatos internacionais TítuloClubPaísAnoLiga de CampiónsFC BarcelonaLondres (Reino Unido)2011
Distincións individuais DistinciónAnoTalento do ano nos Países Baixos2007
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Perfil de Ibrahim Afellay no sitio do FC Barcelona Perfil en wereldvanoranje.nl Videos no PSV Eindhoven
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Utrecht Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Futbolistas de Marrocos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do PSV Eindhoven Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do FC Schalke 04 Categoría:Xogadores do Olympiacos FC Categoría:Xogadores do Stoke City FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA