Bad Brains é unha banda estadounidense de hardcore punk formada en Washington, D.C. en 1977. Está amplamente considerada como pioneira do hardcore punk, aínda ques os seus membros opuxeronse ao uso deste termo para describir a súa música. Tamén é unha banda de reggae, aínda que en posteriores gravacións introduciron elementos doutros xéneros como funk, heavy metal, hip hop e soul. Bad Brains son destacados seguidores do movemento Rastafari.
Orixinalmente formouse como un conxunto de jazz fusion baixo o nome de Mind Power, pero Bad Brains desenvolveu un son punk rock moi rápido e intenso que sería etiquetado como "hardcore", e adoitou a tocar máis rápido e con máis énfase que moitos dos seus compañeiros. O único factor da música da banda foi o feito de tocar ritmos máis complexos que outros grupos de hardcore punk, tamén adaptando uns "solos" e "riffs" de guitarra de estilo non punk nos seus temas.
Bad Brains separouse e reformouse varias veces ao longo dos anos, ás veces con diferentes vocalistas e/ou baterías. A formación clásica e actual está composta polo vocalista H.R. (Human Rights), o guitarrista Dr. Know, o baixista Darryl Jenifer e o batería Earl Hudson, irmán máis novo de H.R.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Bad Brains 1982 ROIR Rock for Light 1983 Passport Records I Against I 1986 SST Records Quickness 1989 Caroline Records Rise 1993 Epic Records God of Love 1995 Maverick Records I & I Survived 2002 Reggae Lounge Build a Nation 2007 Megaforce Records Into the Future 2012 Megaforce Records
EPs Álbum Ano Selo Bad Brains 1982 Alternative Tentacles I And I Survive 1982 Bad Brains Records Spirit Electricity 1991 SST Records The Omega Sessions 1997 Victory Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de reggae Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de Washington, D.C.