miniatura|dereita|Xuño de 1931. De esquerda a dereita: Juan González del Valle, Arturo Cuadrado e Carlos Martínez-Barbeito. Carlos Martínez-Barbeito Morás, nado na Coruña en 1913 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1997, foi un escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria Foi neto do historiador Andrés Martínez Salazar e do tipógrafo e poeta Avelino Barbeito, fillo da pedagoga e escritora María Barbeito e de Juan Martínez Morás e irmán do empresario e construtor Juan María Martínez-Barbeito (n. 1911) e mais da arquiveira e bibliotecaria do Concello da Coruña Isabel Martínez-Barbeito (n. 1918).
Cursou estudos de Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde coñeceu a Federico García Lorca na visita que fixo a Galicia en 1933. Este encontro convenceuno para trasladarse a Madrid. Alí licenciouse en Dereito e contactou cos principais intelectuais da época.
En abril de 1939, poucos días despois da entrada das tropas franquistas en Madrid e do final da guerra civil, Carlos Martínez Barbeito xunto cos escritores Félix Ros e Carlos Sentís, identificándose como membros do Servicio Nacional de Prensa y Propaganda do novo réxime, entraron no piso de Juan Ramón Jiménez e Zenobia Camprubí, no número 38 da rúa Padilla e intimidaron a persoa que quedara ao coidado da casa, rexistraron e requisaron canto quixeron, sen dar explicacións nin dar rexistro do confiscado, no que foi un verdadeiro saqueo. Martínez Barbeito diría que se xuntara con ese grupo "espontáneamente" sen ter que ver co resto do grupo e que a súa participación no suceso era para consevar o requisado «por manos cuidadosas» Entre o roubado figuraba o diario de Marga Gil, que empezara a saír no diario ABC en febreiro de 1997, meses antes da morte de Martínez Barbeito; aínda segue desaparecido o orixinal do debuxo que Daniel Vázquez Díaz fixo en 1916 de Juan Ramón Jiménez e que en 1980 ilustraría o billete de 2000 pesetas.
Despois da guerra civil española traballou como crítico literario de Radio Nacional de España en Barcelona e foi secretario xeral da Metro-Goldwyn-Mayer en España. De volta en Madrid, desempeñou cargos relacionados coa cultura en Televisión Española. En 1968 foi nomeado director do Museo de América, cargo que ocupou ata 1980.
Regresou á Coruña, onde foi presidente da Real Academia Galega de Belas Artes entre 1984 e 1988. Foi tamén membro correspondente da Real Academia Galega. En 1974 ingresou na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación cun discurso sobre a fundación do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña no ano 1760 no inicio do reinado de Carlos III
A súa paixón pola lectura levouno a reunir unha biblioteca de 13.000 obras. Na actualidade a Biblioteca Carlos Martínez Barbeito está despositada na Fundación Barrié: ten algo máis de 11.000 volumes de obras relativas a Galicia, impresas en Galicia ou de autor galego, e cronoloxicamente a biblioteca abrangue títulos dos séculos XVI a mediados do XX.
Vida persoal En 1946 casou con Ana María Álvarez de Sotomayor y Castro, filla do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor."Ana María, hija del pintor" Museo do Prado .Siro (8/9/2013). "Sotomayor" La Voz de Galicia.
Distincións Medalla de Prata de Galicia 1991
Obras Poesía Cuartilla, 1932.
Novela El bosque de Ancines, 1947 (finalista do Premio Nadal 1945).En 2004 foi incluída na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia Levada ao cinema por Pedro Olea, con guión do propio director e de Juan Antonio Porto, co título de El bosque del lobo (estreada no ano 1971). Las pasiones artificiales, 1950 (finalista no Premio Nadal 1948).
Ensaio miniatura|Rúa Carlos Martínez Barbeito y Morás, A Coruña. Consideraciones sobre lo humano, lo clásico y lo lírico en la poesía de Lope de Vega, 1940. Unos parentescos insospechados (entre Rosalía de Castro, Concepción Arenal y Emilia Pardo Bazán), 1950. Macías el Enamorado y Juan Rodríguez del Padrón, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1951. Galicia, Ediciones Destino, 1957. Noticia genealógica de D. José Cornide, 1959. Informaciones genealógicas del Archivo Municipal de La Coruña, 1959. Escudos reales, municipales y nobiliario de La Coruña y su tierra, 1967. Vida y leyenda de San Pedro de Mezonzo, 1968. Colmeiro, 1975. Mariñán; San Salvador de Bergondo; Bergondo, 1978. Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña, 1978 (434 páxinas). El auto gallego en la historia, en los tratadistas y en la práctica forense, 1984. El escudo de La Coruña, 1985 (artigo na Revista del Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses). Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña, 1986 (807 páxinas). Historias de familia: (Líneas Reales), 1990. Bibliografía gallega de genealogía y heráldica, 1995. La Coruña a vista de gaviota y a ras de tierra, 1998 (editado postumamente con fotografías de Carlos Picallo). miniatura|Tumba de Carlos Martínez-Barbeito no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas J. M. Gutiérrez (2010). "Carlos Martínez-Barbeito y Morás: El intelectual más polifacético" blogs.laopinioncoruna.es Germán Masid Valiñas. "Carlos Martínez-Barbeito y Morás (1913-1997) Socio núm. 23" Real Biblioteca. Patrimonio Nacional .
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Bibliófilos Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega