Víctor Ángel Castro Balbuena, coñecido como Víctor Castro, nado en Madrid en 1977 e residente en Vilagarcía de Arousa, é un filólogo español. Traxectoria É licencidado en filoloxía románica e filoloxía xermánica. En 2011 cursaba o doutoramento en lingüística na Universidade de Santiago de Compostela.Convocatoria de matrícula na USC

Viviu durante uns anos no estranxeiro, especialmente en países como Alemaña ou Finlandia; neste último, exerceu de asistente de castelán.

É coñecido polo seu paso polo programa Saber y Ganar de Televisión Española, onde se converteu no segundo concursante en acadar os 100 programas de forma continuada o 1 de xuño de 2011. Ademais, bateu a plusmarca de recadación económica, con 78.820€, que até daquela ostentaba o concursante maño José Manuel Dorado, con 73.780€.

Durante a súa estadía no programa, Víctor Castro estaba inscrito na oficina de desemprego. Así mesmo, participou das Protestas de maio de 2011 en España, acudindo en varias ocasións ás acampadas.

En 2014 volveu participar en Saber y ganar en calidade de concursante eméritoVíctor Castro se convierte en el primer concursante de 'Saber y Ganar' en superar los 100.000 €, en FórmulaTV. .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fernanda Barros (concurante "magnífica" coruñesa)

Ligazóns externas Programa 100 de Víctor Castro

Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades sen imaxes

Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela