José Luis Uhía Castro, coñecido como Piscis, nado en Portonovo o 14 de maio de 1970, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego.
Traxectoria Etapa como xogador Empezou súa andaina nas categorías base do Portonovo S.D. Participou tamén na selección xuvenil de Pontevedra.
Con dezasete anos debuta na terceira división na temporada 1987-88, marcando nove goles en seis meses e alcanzando a titularidade a partir do seu debut. Chama a atención dos equipos grandes de Galicia e ficha esa mesma temporada polo C.D. Ourense. Na temporada seguinte xoga no seu filial.
Na tempada 89-90 ficha polo Villalonga C.F. nunha temporada discreta.
Na tempada 90-91 ficha polo Águilas C.F. de Murcia, xogando o play off de ascenso a segunda división B acadando o segundo posto e recibe un trofeo á súa regularidade. Na tempada 91-92 volve fichar polo Villalonga C.F. no que volve acadar un novo play off de ascenso. Pretendido polo Pontevedra C.F., complícanse as negociacións e non acaba fichando polo equipo da cidade do Lérez.
No Villalonga C.F. permanece sete temporadas ata que volve a chamalo o Pontevedra C.F. e firma na temporada 1998-99, acadando un só gol na segunda división B.
Na temporada seguinte ficha polo equipo do seu pobo o Portonovo S.D. ata a súa retirada no ano 2.004, acadando un ascenso de categoría, da rexional preferente a terceira división.
Etapa como adestrador Na temporada 2005/2006, adestra ós xuvenís do Portonovo S.D. en categoría provincial e ascende ó equipo a Liga Gallega. Na temporada 2006/2007 ascende de Liga Gallega a Liga Nacional, e na temporada 2007/2008, adestra ó primeiro equipo do Portonovo S.D., e acada a permanencia. En abril de 2011, e a falta de 7 partidos para rematar o campionato, foi contratado como adestrador do Pontevedra CF B, en substitución de Marcos Canle"O Pontevedra destitúe ao adestrador do filial a falta de sete partidos". Na temporada 2011-2012 adestra ó Xuventú de Sanxenxo.
En febreiro de 2013, mediada a temporada 2012–13, foi contratado polo Arousa SC en Preferente Autonómica."Piscis llega a un acuerdo con el Arosa para ser su entrenador esta y la próxima temporada" Ese mesmo ano o equipo acada o ascenso de categoría a Terceira División. O 31 de maio de 2017 anunciou a súa despedida do club arousán. O 7 de febreiro do 2022 fichou polo Céltiga FC da Illa da Arousa.
Na actualidade é profesor na Escola Galega de Adestradores, dependente da Real Federación Galega de Fútbol. Imparte as materias de Técnica e Táctica.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas José Luis Uhía en A Temporada do Fútbol Galego José Luis Uhía en Portonovo incondicionales
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Pontevedra CF B Categoría:Adestradores do Arosa SC Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Adestradores do Portonovo SD