Terrico Reshard White, nado o 7 de marzo de 1990 en Memphis, Tennessee, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Brujos de Guayama do Baloncesto Superior Nacional (BSN).
Traxectoria White foi elixido polos Detroit Pistons na 36ª posición do Draft da NBA de 2010, e o 13 de agosto de 2010, asinou o seu contrato de rookie cos Pistons. Xogou con Detroit na Liga de Verán de 2010, onde acadou 9.6 puntos por encontro en 5 partidos. Durante o primeiro partido da pretempada cos Pistons, mancouse no pé dereito e non xogou en toda a tempada 2010-11. En decembro de 2011, White foi cortado polos Pistons.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBADraft.net
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Memphis, Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do KK Radnički Kragujevac Categoría:Xogadores do Gaziantep Basketbol Categoría:Xogadores do Hapoel Eilat BC Categoría:Xogadores do BC Enisey Krasnoyarsk Categoría:Xogadores do Ironi Nes Ziona BC Categoría:Xogadores dos Perth Wildcats Categoría:Xogadores dos Cariduros de Fajardo Categoría:Xogadores dos Brujos de Guayama