William Golding, nado en Saint Columb Minor (Cornualla) o 19 de setembro de 1911 e finado en Perranarworthal o 19 de xuño de 1993, foi un escritor británico, Premio Nobel de Literatura en 1983.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia dedicada á ensinanza (o seu pai) e á actividade sufraxista (a nai), Golding estudou en Oxford e pronto converteuse en profesor. Durante a segunda Guerra Mundial foi comadante dunha lancha torpedeira, desembarcou en Normandía é foi alí onde se desengañou da bondade do ser humano. Tras alcanzar o éxito con O señor das moscas (que foi levada ó cine por Peter Brooks en 1963), Golding comezou a publicar novelas asiduamente. Ademais do Nobel gañou o premio Brooker Mac Connel, o máis importante galardón literario británico.
Obras O señor das moscas (1954) The inheritors (1955) Pincher Martin (1955) Free Fall (1959) The Spire (1964) The Pyramid (1967) The Scorpion God (1971) Darkness Visible (1979) Rites of passage(1980) The Paper Men (1984) The Double Tongue (inacabada) Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Nados en Cornualla Categoría:Novelistas do Reino Unido