Terminator 2: O xuízo final (en ) é un filme de acción estadounidense dirixido por James Cameron que se estreou no 1991. É a segunda parte da saga cinematográfica e a secuela de Terminator (1984). Escrito por Cameron e William Wisher, Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Linda Hamilton, Robert Patrick e Edward Furlong. Terminator 2 conta a historia de Sarah Connor (Hamilton) e o seu fillo John (Furlong) que son perseguidos por un novo e mellorado Terminator, o T-1000 feito de metal líquido (Patrick), enviado atrás no tempo para matar a John e evitar que se converta no líder da Resistencia humana contra as máquinas. O modelo menos avanzado T-800 (Schwarzenegger) tamén é enviado atrás no tempo para protexer a John.
Despois dunha problemática pre-produción caracterizada polas disputas legais, Mario Kassar de Carolco Pictures fíxose cos dereitos de propiedade da franquía na década de 1990. Isto facilitou o camiño para a realización do guión escrito polo equipo de produción liderado por Cameron, e en outubro de 1990 comezou un calendario de rodaxe de 186 días, máis curto do orixinalmente pensado. A produción de Terminator 2 requiriu un orzamento sen precedentes de máis de $94 millóns, a maioría do cal foi gastado na filmación e nos efectos especiais. O filme estreouse o 3 de xullo de 1991.
Terminator 2, un éxito en recadación e en crítica, influíu na cultura popular e especialmente nos filmes de acción e ciencia ficción. Os efectos visuais inclúen imaxinería xerada por ordenador, o uso de movementos naturais humanos para unha personaxe xerada por ordenador e o primeiro personaxe xerado parcialmente por ordenador. Recibiu numerosos galardóns, entre os que destacan catro Premios Oscar por maquillaxe, son, edición de son e efectos visuais. Foi o filme con maior recadación de 1991, e numerosas publicacións como o American Film Institute clasificaron Terminator 2 como un dos grandes filmes de acción e ciencia ficción, e unha das mellores secuelas de tódolos tempos.
Estreouse en galego o 21 de setembro de 1996 a través da TVG.La Voz de Galicia, 21 de setembro de 1996. Páx. 87
Sinopse Sarah Connor, a nai solteira do rebelde John Connor, está ingresada nun psiquiátrico. Algúns anos antes, un viaxeiro do tempo reveláralle que o seu fillo sería o salvador da humanidade nun futuro dominado polas máquinas. Converteuse dende entón nunha especie de guerreira e educou ó seu fillo John en tácticas de supervivencia. Esta é a razón pola que está recluída nun manicomio. Cando un novo androide mellorado, un T-1000, chega do futuro para asasinar a John, un vello modelo T-800 será enviado dende o futuro para protexelo.
Personaxes
Arnold Schwarzenegger como Terminator Voz da dobraxe galega de Antón Cancelas. Linda Hamilton como Sarah Connor Edward Furlong como John Connor Robert Patrick como o T-1000 Earl Boen como Doutor Silberman Joe Morton como Miles Dyson S. Epatha Merkerson como Tarissa Dyson Cástulo Guerra como Enrique Salceda Danny Cooksey como Tim Jenette Goldstein como Janelle Voight Xander Berkeley como Todd Voight Michael Biehn como Kyle Reese (só na Edición Especial)
Galardóns e nomeamentos 1991: 4 Oscars: Mellor son, efectos de son, efectos visuais, maquillaxe. 6 nomeamentos. 1991: 2 BAFTA: Mellor son, efectos visuais. 3 nomeamentos.
Dobraxe ó galego A frase A rañala, raparigo (moitas veces citada erroneamente como Vai rañala, raparigo), que o Terminator pronuncia antes de acabar co T-1000, está considerada como a frase máis popular da historia da dobraxe en galego da TVG. Na versión orixinal (inglés) a frase é: Hasta la vista, baby, que mostra empatía cara ao neno John Connor, que lle ensinou castelán mexicano. Na versión en castelán europeo é Sayonara, baby, porén, a frase foi mantida en castelán de América. O American Film Institute colocouna na 76ª posición na Lista das mellores 100 frases de películas de todos os tempos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2017 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por James Cameron Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes de Lightstorm Entertainment Categoría:Filmes de Carolco Pictures Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en 1995 Categoría:Filmes ambientados en 1997 Categoría:Filmes ambientados en 2029 Categoría:Filmes ciberpunk Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1991 con versión en galego