Philip Toll Hill Jr., nado o 20 de abril de 1927 en Miami e finado o 28 de agosto de 2008, foi o primeiro estadounidense de nacemento que gañou un campionato de Fórmula 1, (Mario Andretti, piloto estadounidense, gañou o Campionato Mundial de Pilotos en 1978, pero non naceu nos Estados Unidos). Tamén logrou tres vitorias nas 24 Horas de Le Mans e nas 12 Horas de Sebring.

Hill foi descrito como un "home reflexivo e xentil" e unha vez dixo: "Estou no negocio equivocado, non quero vencer a ninguén, non quero ser un grande heroe. Basicamente son un home amante da paz".Daley, Robert (1963). The Cruel Sport.

Traxectoria Nado en Miami, Hill medrou en Santa Monica (California), onde viviu ata a súa morte. Estudou Administración de Empresas na Universidade do Sur de California de 1945 a 1947, onde foi membro da fraternidade Kappa Sigma. Phil Hill empezou no automobilismo a unha idade moi temperá, traballando como mecánico nos coches doutros pilotos.Jim Peltz, Phil Hill dies at 81; only American-born driver to win Formula One title, Los Angeles Times, 29 de agosto de 2008. Hill comezou a competir en coches a unha idade temperá, marchou a Gran Bretaña como aprendiz de Jaguar en 1949 e fichou polo equipo Ferrari de Enzo Ferrari en 1956. Debutou no Gran Premio de Francia de 1958 en Reims pilotando un Maserati. Ese mesmo ano, gañou as 24 Horas de Le Mans co belga Olivier Gendebien como compañeiro de equipo, conducindo durante a maior parte da noite baixo unha choiva horrorosa. Hill converteuse no primeiro gañador nado nos Estados Unidos das 24 Horas de Le Mans. Ambos conseguirían a vitoria na famosa carreira de resistencia outras dúas veces en 1961 e 1962.

miniatura|left|Hill pilotando un Ferrari 250 TR nas 12 horas de Sebring (1958).

Hill comezou a conducir a tempo completo para o equipo Ferrari de Fórmula Un en , acadando tres podios e un cuarto lugar no Campionato de Pilotos. En gañou o Gran Premio de Italia en Monza, a primeira vitoria nun Gran Premio para un piloto estadounidense en case corenta anos, desde que Jimmy Murphy gañara o Gran Premio de Francia de 1921. Tamén resultou ser a última vitoria para un coche de motor dianteiro na Fórmula 1. Na tempada seguinte Hill gañou o Gran Premio belga e a falta de dúas carreiras soamente o seu compañeiro de equipo en Ferrari Wolfgang von Trips o superaba na clasificación da tempada. Wolfgang von Trips morreu nun accidente durante o Gran Premio de Italia de 1961 no que tamén morreron quince espectadores. Hill gañou a carreira e gañou o campionato, pero o triunfo foi agridulce. A decisión de Ferrari de non viaxar aos Estados Unidos durante a rolda final da tempada 1961 nos Estados Unidos privou a Hill da oportunidade de participar na súa carreira en casa en Watkins Glen como o recentemente coroado Campión do Mundo. Cando volveu na seguinte tempada de Fórmula 1 en , a súa última con Ferrari, Hill dixo: "Xa non teño tanta necesidade de correr, de gañar, xa non teño tanto fame. Xa non estou disposto a arriscarme a morrer."

Logo de deixar a Ferrari a finais de 1962, el e o seu compañeiro Giancarlo Baghetti correron para o novo equipo ATS creado por antigos enxeñeiros de Ferrari. En Hill seguiu na Fórmula Un, pilotando para Cooper Formula One Team antes de retirarse dos monoprazas ao final da tempada, e limitar o seu futuro a pilotar en Carreiras de automóbiles deportivos con Ford Motor Company e os coches Chaparral de Jim Hall, retirouse das carreiras por completo en 1967.

miniatura| right | Hill pilotando para Ferrari no Gran Premio de Alemaña de 1962.

Phil Hill tivo a marca de gañar as primeira e a última carreira na súa vida como corredor, a última vitoria foi correndo para Chaparral no "BOAC 500" en 1967, no circuíto Brands Hatch de Inglaterra.

En 1991 foi integrado no Salón da Fama International do Deporte Motor.

Faleceu por complicacións do párkinson que padecía, o 28 de agosto de 2008.

O seu fillo Derek correu na Fórmula 3000 en 2003.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts. Joakim Bonnier Racing Team Maserati 250F Maserati L6 ARX MON NED 500 BEL FRA7 GBR 10º 9 Scuderia Ferrari Ferrari Dino 156 Ferrari V6 ALE9 PORNCG Ferrari Dino 246 Ferrari V6 ITA3 MOR3 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 MON4 500 NED6 FRA2 GBR ALE3 PORRet ITA2 USARet 4º 20 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 ARX8 MON3 500 NEDRet BEL4 FRA12 GBR7 PORRet ITA1 5º 16 Yeoman Credit Racing Team Cooper T51 Climax L4 USA6 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 MON3 NED2 BEL1 FRA9 GBR2 ALE3 ITA1 USANCG 1º 34 (38) Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 NED3 MON2 BEL3 FRANCG GBRRet ALERet ITA11 6º 14 Porsche System Engineering Porsche 804 Porsche F8 USANTS RSA Automobili Turismo e Sport ATS 100 ATS V8 MON BELRet NEDRet ITA11 USARet MEXRet RSA 26º 0 Ecurie Filipinetti Lotus 24 BRM V8 FRANC GBR ALE Cooper Car Company Cooper T73 Climax V8 MON9 NED8 BELRet FRA7 GBR6 ALERet USARet MEX9 19º 1 Cooper T66 Climax V8 AUTRet ITA Anglo American Racers Eagle T1G Climax L4 MON BEL FRA GBR NED ALE ITANSC USA MEX NC 0

Resultados na Fórmula 1 fóra de campionato (key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 1959 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 GLV AIN INT3 OUL SIL 1960 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 GLV INT5 SIL4 LOM OUL 1961 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 LOM GLV PAU BRX VIE AIN SYR NAP LON SIL SOLDNA KAN DAN MOD FLG OUL LEW VAL RAN NAT RSA 1962 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 CAP BRX LOM LAV GLV PAU AIN3 INT NAP MALDNA CLP RMS SOL KAN MED DAN OUL MEX RAN NAT 1963 Automobili Turismo e Sport ATS 100 ATS V8 LOM GLV PAU IMONCG INTNCG ROM Ecurie Filipinetti Lotus 24 BRM V8 SYRNCG AIN SOLRet KAN MED AUT OUL RAN 1964 Scuderia Centro Sud BRM P578 BRM V8 DMT4 Cooper Car Company Cooper T66 Climax V8 NWTDNA SYR AINRet INT4 SOL MED RAN

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. ClasePos. 1953 Rees T. Makins Fred Wacker Jr. O.S.C.A. MT-4 S1.5 80RetTransmisión 1955 Scuderia Ferrari Umberto Maglioli Ferrari 121LM S5.0 76Retembrague 1956 Scuderia Ferrari André Simon Ferrari 625LM S3.0 107RetTransmisión 1957 Scuderia Ferrari Peter Collins Ferrari 335 S S5.0 2RetPistón 1958 Scuderia Ferrari Olivier Gendebien Ferrari 250 TR 58 S3.0 305 1º 1º 1959 Scuderia Ferrari Olivier Gendebien Ferrari 250 TR 59 S3.0 263RetTemperatura 1960 Scuderia Ferrari Wolfgang von Trips Ferrari 250 TR 59/60 S3.0 22RetSen combustible 1961 Scuderia Ferrari Olivier Gendebien Ferrari 250 TRI/61 S3.0 333 1º 1º 1962 SpA Ferrari SEFAC Olivier Gendebien Ferrari 330 TRI/LM Spyder E+3.0 331 1º 1º 1963 David Brown/Aston Martin Lagonda Lucien Bianchi Aston Martin DP215 P+3.0 29Ret 1964 Ford Motor Company Bruce McLaren Ford GT40 Mk.I P5.0 192Ret 1965 Shelby-American Inc. Chris Amon Ford GT40 Mk.II P5.0 89Ret 1966 Chaparral Cars Inc. Joakim Bonnier Chaparral 2D P+5.0 111Ret 1967 Chaparral Cars Inc. Mike Spence Chaparral 2F P+5.0 225Ret

Resultados completos nas Tasman Series Ano Coche 1 2 3 4 5 6 7 Ranq Puntos 1965 Cooper T70 PUKNTS LEV4 WIGRet TER3 WARRet SAN3 LON3 4º 15

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Phil Hill Phil Hill's World Championship Season, Race-by-race Phill Hill statistics Death of Phil Hill Formula One tribute to Phil Hill Sports Illustrated cover, March 16, 1959: Sports Car Driver of the Year Phil Hill nas 24h de Le Mans

Categoría:Nados en 1927 Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Bonnier Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de ATS Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Filipinetti Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Finados en 2008 Categoría:Finados por párkinson