O derradeiro emperador (en ) é un filme dirixido por Bernardo Bertolucci que se estreou no ano 1987. O filme narra a vida de Puyi, o derradeiro emperador da China, cuxa autobiografía foi a base para o guión escrito por Mark Peploe e Bernardo Bertolucci.
Sinopse É a historia de Puyi, o último emperador da China, que subiu ó trono ós tres anos e foi adorado por 500 millóns de persoas como un deus. Gobernou na Cidade Prohibida, ata que as forzas republicanas, que querían abolir a corte imperial, o encerraron entre as súas murallas. Finalmente abdicou e converteuse durante un tempo nun monicreque das forzas de ocupación xaponesas en Manchuria. Despois chegou a revolución comunista e foi encarcerado para "limpar" a súa mente de todo pensamento capitalista. Nos derradeiros anos da súa vida foi xardineiro no parque botánico de Pequín e levou unha vida como un home normal no seu país, sendo testemuña do culto a Mao Tse Tung e da Revolución Cultural.
Personaxes John Lone como Puyi (adulto) Joan Chen como Wan Jung Peter O'Toole como Reginald Johnston Ying Ruocheng como Detention Centre Governor Victor Wong como Chen Baochen Dennis Dun como Big Li Ryuichi Sakamoto como Amakasu Masahiko Maggie Han como Eastern Jewel Ric Young como Interrogador Vivian Wu (nos créditos como Wu Jun Mei) como Wen Xiu Cary-Hiroyuki Tagawa como Chang Jade Go como Ar Mo Fumihiko Ikeda como Coronel Yoshioka Richard Vuu como Puyi (ós 3 anos) Tijger Tsou como Puyi (ós anos) Wu Tao como Puyi (ós 15 anos) Fan Guang como Pujie (adulto), o irmán máis novo de Puyi Henry Kyi como Pujie (ós 7 anos) Alvin Riley III como Pujie (ós 14 anos) Lisa Lu como Empress Dowager Cixi Hideo Takamatsu como Xeneral Takashi Hishikari Hajime Tachibana como Tradutor de xaponés Basil Pao como 2º Príncipe Chun, pai de Puyi Henry O como Lord Chamberlain
Galardóns e nomeamentos 1987: 9 Oscars, incluíndo película, director, guión adaptado, fotografía, dirección artística. 1987: Globos de Ouro: Mellor película: Drama. 1987: BAFTA: Mellor película.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Puyi Cidade Prohibida Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Bernardo Bertolucci Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes rodados na China Categoría:Filmes ambientados en Pequín Categoría:Filmes ambientados na dinastía Qing Categoría:Filmes ambientados en 1987 Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego