Dentro do labirinto (en ) é un filme británico/estadounidense de fantasía dirixido Jim Henson (o creador dos Teleñecos), producido por George Lucas, e deseñado por Brian Froud.
Sinopse Sarah é unha rapaza de quince anos que queda encargada de coidar o seu medio irmán Toby. O pequeno non deixa de chorar e Sarah nun arranque de carraxe pídelle (sen pretendelo) ó Rei Goblin, un personaxe do seu libro favorito, que leve con el o seu irmán. Finalmente o seu desexo faise realidade e o Rei Goblin, Jareth, amósase diante dela dicíndolle que para recuperar o seu irmán ten 13 horas nas que debe resolver o seu labirinto e chegar ata o seu castelo para evitar que Toby se converta nun goblin. Jareth trata de impedir que Sarah chegue á meta, e ponlle probas con xogos mentais, difíciles adiviñas e innumerables trampas ó longo do labirinto, que cambia constantemente. Grazas a iso, Sarah coñecerá os habitantes do labirinto e fará novas amizades que a axudarán na súa aventura. Sarah atópase nunha encrucillada na que debe decidir o seu camiño na vida real, é dicir, enfrontarse á realidade de que xa non é unha nena.
Personaxes Jennifer Connelly como Sarah Williams: unha rapaza de 15 anos. David Bowie como Jareth, o Rei dos Goblins. Toby Froud como Toby Williams Shelley Thompson como Irene Williams Christopher Malcolm como Robert Williams Shari Weiser (Brian Henson, voz) como Hoggle Ron Mueck/Rob Mills (Ron Mueck, voz) como Ludo Dave Goelz, David Barclay (David Shaughnessy, voz) como Sir Didymus Steve Whitmire, Kevin Clash (Percy Edwards, voz) como Ambrosius Karen Prell (Timothy Bateson, voz) como O Verme Frank Oz (Michael Hordern, voz) como O sabio Dave Goelz (David Shaughnessy, voz) como O sombreiro paxaro do Sabio Karen Prell (Denise Bryer, voz) como A dama non desexada Warwick Davis como Goblin Steve Whitmire, Kevin Clash, Anthony Asbury, Dave Goelz (Anthony Jackson, Douglas Blackwell, David Shaughnessy, e Timothy Bateson, voces) como Os Catro Gardas (Alph, Ralph, Jim e Tim)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Labyrinth: The Computer Game Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jim Henson Categoría:Filmes con banda sonora de Trevor Jones Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes de Lucasfilm Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego