A tempada 2000-2001 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 34 da máxima categoría do rugby en España. A tempada rematou coa vitoria final no campionato para VRAC (co nome do patrocinador Quesos Entrepinares) por segunda vez na súa historia.

O Complutense Canoe era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os dous novos equipos na categoría foron o Moraleja Alcobendas Rugby Union e o CD Universidad de Sevilla, que ocuparon os lugares de Univ.Granada e Club Deportivo Arquitectura, descendidos o ano anterior.

Equipos Equipo EstadioCidadeCR Liceo FrancésCampo Ramón UrtubiMadridUCM CanoeValle de las CañasMadridClub de Rugby El SalvadorCampos de Pepe RojoValladolidClub de Rugby CienciasLa CartujaSevillaGetxo Rugby TaldeaCampo de FaduraGetxoOviedo Rugby ClubCampo de El NarancoOviedoMoraleja Alcobendas Rugby UnionCampo de las TerrazasAlcobendasCD Universidad de SevillaCampo de San PabloSevillaValladolid RACCampos de Pepe RojoValladolidUE SantboianaBaldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

Tempada 2000-2001 da Liga Española de rugbyEquipoPuntosXogadosGañadosEmpatesPerdidos 1 VRAC 28 18 13 2 3 2 Univ.Sevilla 24 18 12 0 6 3 Liceo Francés 22 18 10 2 6 4 Ciencias 22 18 11 0 7 5 MARU 18 18 9 0 9 6 UCM Canoe 17 18 7 3 8 7 El Salvador 16 18 7 2 9 8 Santboiana 16 18 8 0 10 9 Getxo 8 18 4 0 14 10 Oviedo 7 18 4 1 13Oviedo sancionado con 2 puntos.A vitoria vale 2 puntos e o empate 1.

<<<< 1999/00 — Tempadas — 2001/02 >>>><noinclude>

Datos finais do campionato:

Valladolid RAC conseguiu o campionato nacional de liga, con 28 puntos en 18 xornadas. Foi o 2º título de liga para o club. Os dous últimos clasificados, Liceo Francés e Oviedo, descenderon de categoría ó remate da tempada. O á español Jose Ignacio "Tiki" Inchausti (actual seleccionador español de Seven), do acabado de ascender MARU, liderou a táboa de ensaiadores da liga, con 14 ensaios; mentres que Eoin Costigan, do Univ.Sevilla liderou a táboa de anotadores con 199 puntos. Os equipos CAU Valencia e CR Cisneros, da División de Honra B, acadaron o ascenso para competir na tempada 2001-02 na División de Honra.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2000-01

Ligazóns externas Resultados finais da liga publicados pola Federación Española de Rugby en Ferugby.com

Categoría:Rugby en 2001 Categoría:División de Honra de Rugby