Megan Georga Burns, nada o 25 de xuño de 1986 en Liverpool, Inglaterra, é unha cantante e actriz británica tamén coñecida como Betty Curse.
Traxectoria Cando tiña tres anos, o seu pai déixaa xunto coa súa nai. Ós 11 anos é enviada pola súa avoa a clases de interpretación. Grazas a iso, foi quen de participar no filme Liam no ano 2000. Por esta actuación gañou o premio Marcello Mastroianni no Festival de Cine de Venecia por esta actuación. Danny Boyle viuna e fixo que interpretase a Hannah no filme 28 Days Later.
Carreira musical Dende entón, Burns traballou como cantante baixo o alcume de Betty Curse, que foi elixido por Island Records. O seu primeiro single foi dobre "Met on the Internet" e "Excuse All the Blood", rematados en maio de 2006. O seu primeiro álbum Hear Lies foi realizado o 31 de outubro do 2006 por iTunes. A versión en CD, Here Lies Betty Curse foi realizada en abril do 2007. O single do primeiro álbum, "God This Hurts", foi realizado en agosto de 2007, seguido de "Girl with Yellow Hair" o 13 de novembro.
Filmografía Liam (2000) 28 Days Later (2002)
Discografía 2006 Hear Lies — realizado o 30 outubro (só de descarga en Internet) 2006 Here Lies Betty Curse
Singles 2006 "Excuse All the Blood" 2006 "God This Hurts" UK #116 2006 "Girl with Yellow Hair" UK #132 2007 "Do You Mind (If I Cry)"
Membros da banda Megan Burns "Betty Curse" (Voz) Rich Curse (Guitarra) Alex Curse (Guitarra) Olly Curse (Baixo) Dominic Curse (Batería)
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Entrevista Perfil de MySpace Perfil de MySpace-Betty Curse
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Liverpool