O Carnicer Torrejón Fútbol Sala é un equipo español de fútbol sala da localidade de Torrejón de Ardoz (Comunidade de Madrid). Actualmente o club compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala. Trala desaparición do Marsanz Torrejón converteuse no principal equipo da localidade madrileña.

Historia O club foi fundado en 1984 por José Carnicer, dono dos concesionarios Fiat Automóviles Carnicer. Aínda que comezou dende a terceira rexional madrileña, ascendeu de categoría cada dous anos. En cinco anos pasou da cuarta categoría estatal á División de Honra, liga na que debutou na tempada 1997-98.

Durante os seus primeiros anos na máxima categoría, o equipo tratou de asegurar a permanencia, e pouco despois conseguiu meterse na loita polo título a partir dun equipo formado por xogadores da canteira e descartes doutros equipos. A súa primeira participación nos playoffs polo título foi na tempada 1999-00.

Dende a súa creación José Carnicer exerceu como presidente e adestrador do club, así e todo no ano 2010 deixou os labores de preparación do equipo en favor de José Antonio Valle para se centrar na dirección do Carnicer Torrejón.José Carnicer deja el banquillo del equipo tras 25 años Porén, trala dimisión de Valle en decembro, volveu adestrar o equipo.

Cadro 2010-11

Adestrador: 20px José Carnicer Castro.

Palmarés 1 Campionato da División de Prata: 1996-97

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Carnicer Torrejón

Carnicer Torrejón