Pegerto Saavedra Fernández, nado en Ferreira de Arriba (Freixo, A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego. É catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, e foi premio extraordinario de licenciatura en Historia e premio extraordinario de doutoramento. Obtivo o Premio da Crítica, na categoría de Ensaio, en 1993 polo libro A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, e en 1998, compartido cos outros autores, polo tomo I da Historia da Universidade de Santiago. En 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Francisco Xavier Río Barxa. Ingresou como académico o 14 de setembro de 2013 coa lectura do discurso Demarcacións, topónimos, papeis, memoria: sobre a división e o control do territorio na Galicia moderna, respondido por Ramón Villares.

Obra en galego Ensaio A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, 1992, Universidade de Santiago. A facenda real na Galicia do antigo réxime, 1994.

Obras colectivas Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego, 1997, Museo do Pobo Galego. Historia da Universidade de Santiago, 1998, Universidade de Santiago. A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007. Seminario de Mondoñedo (1565-2013). Centro de formación e promoción cultural, 2015. Historia das historias de Galicia, 2016, Xerais.

Obra en castelán Ensaio Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón, 1979. La provincia de Mondoñedo en el Antiguo Régimen. Población, sociedad y economía, 1982. Economía, política y sociedad en Galicia, 1985, Xunta de Galicia. La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, 1994, Crítica, Barcelona.

Obras colectivas España en el siglo XVIII, 1985, Crítica, Barcelona. . El Siglo de Las Luces. Cultura y vida cotidiana (con Hortensio Sobrado Correa), 2004. Notas

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1951