Jonas Jerebko, nado o 2 de marzo de 1987 en Kinna, Suecia, é un xogador sueco de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional Europa Jerebko comezou a súa carreira xogando co Marbo Basket sueco na tempada 2005-06 e na 2006-07 foise ao campión sueco Plannja Basket, onde gañou o campionato. Despois foise á liga italiana para xogar co Angelico Biella en 2007.
NBA Declarouse elixible para o Draft da NBA de 2008, pero despois rectificou, xa que antes quería pasar un ano máis na liga italiana para gañar experiencia antes de xogar na NBA. O ex-adestrador universitario e actual analista da ESPN, Fran Fraschilla, considerou a Jerebko coma un dos cinco europeos mellor situados no Draft de 2009. Foi seleccionado na segunda rolda do Draft de 2009 polos Detroit Pistons, na 39ª posición. É o segundo xogador sueco en ser seleccionado para xogar na NBA, tras Miles Simon, americano nado en Suecia. En agosto, asinou un contrato de dous anos cos Pistons. A súa carreira na NBA tivo un comezo movido; nun partido de pretempada, Jerebko foi acusado de darlle unha puñada ao veterano xogador Jamaal Magloire na cara. Os dous xogadores foron suspendidos un partido da tempada regular pola pelexa.Watson, Matt. "Detroit's Fighting Swede penalized." Detroit Bad Boys. http://www.detroitbadboys.com/archives/2009-10-08/detroits-fighting-swede-penalized/ Jerebko non se viu abaixo tras o incidente, e coa súa loita e determinación mellorou o seu xogo. Isto foi agradecido polos fans, e o departamento promocional dos Pistons comezou a regalar cascos viquingos e bandanas para os fans, para cada punto que anotara Jerebko.Sitto, Natalie. "Jerebko Row." http://need4sheed.com/2009/12/jerebko-row.html
O 5 de outubro de 2010, Jerebko lesionouse no tendón de Aquiles nun partido de pretempada contra os Miami Heat.Langlois, Keith. "Heat Check" http://www.nba.com/pistons/features/DETMIA_recap_101005.html
O 19 de febreiro de 2015, Jerebko foi traspasado xunto a Luigi Datome ós Boston Celtics, a cambio de Tayshaun Prince. O 9 de xullo de 2015, asinou de novo cos Celtics.
O 17 de xullo de 2017, Jerebko asinou cos Utah Jazz.
O 12 de xullo de 2018, Jerebko asinou cos Golden State Warriors.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil na Italian League Perfil en Basketpedya.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados no condado de Västra Götaland Categoría:Xogadores de baloncesto de Suecia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do Pallacanestro Biella Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores dos Santeros de Aguada