miniatura|dereita|250px|Primeiro podio da historia desta categoría. Moto2 é a categoría intermedia do Campionato do Mundo de Motociclismo de velocidade, regulado pola FIM. Destinada a motocicletas equipadas con motores de 600cc e catro tempos, esta categoría substituíu a partir de 2010 á antiga de 250cc (con motor de dous tempos). Os motores son producidos por Honda, os pneumáticos por Dunlop e a electrónica fornécena só produtores autorizados pola FIM, cun custo máximo de 650 euros por equipamento.
O primeiro piloto en gañar este campionato foi o español Toni Elías, quen gañou matematicamente en título o 10 de outubro de 2010 ao quedar cuarto no GP de Malaisia a falta de tres carreiras para terminar o campionato.
Características
A categoría Moto2 conta cunha normativa específica, diferente de MotoGP e Superbikes. O motor será o mesmo que monta a Fonda CBR600RR, un modelo de rúa pero con preparación específica para competición; no entanto, a parte ciclo deberá ser prototipo, así que os equipos deberán deseñar un chasis desde cero, do mesmo xeito que o depósito, carenado e demais compoñentes, que non poderán ser derivados de ningún xeito dun modelo de rúa.
Ficha técnica
Motor: Catro cilindros en liña, 4 tempos, 16 válvulas DOHC, refrixeración líquida.Datos técnicos Orixe: Honda. Cilindrada: 599cc. Diámetro por carreira: 67 x 42,5 mm. Potencia máxima: 140 CV. Carburación: inxección electrónica PGM-FI. Diámetro da bolboreta: 40 mm. Depósito de combustible: 22 litros. Embrague: multidisco, autodeslizante húmido, con accionamento mecánico por cable. Bastidor: dobre viga en aluminio. Dimensións: 1.990 x 500 x 1.000 mm. Ángulo de lanzamento: 22º55’ (variable). Avance: 95 mm (variable). Altura do asento: 700 mm. Suspensión traseira: Amortecedor Showa de 55 mm de percorrido. Lamias: de magnesio forxado. Dianteira: 17 x 3,75. Traseira: 17 x 6. Pneumático dianteiro: Dunlop 125/80-17. Pneumático traseiro: Dunlop 190/55-17. Freo dianteiro: Disco de 300 mm., pinzas de catro pistóns e ancoraxe radial Galfer. Freo traseiro: Disco de 220 mm., pinza de dúas pistóns Galfer. Peso en orde de marcha: 137 quilos
A maioría dos elementos da parte ciclo da moto están personalizados para cada equipo. O único elemento común é o motor de orixe Honda.
Campións Edición Primeiro Puntos Segundo Puntos Terceiro Puntos2010 Toni Elías 271 Julián Simón 201 Andrea Iannone 1992011 Stefan Bradl 274 Marc Márquez 251 Andrea Iannone 1772012 Marc Márquez 324 Pol Espargaró 268 Andrea Iannone 1932013 Pol Espargaró 265 Scott Redding 225 Esteve Rabat 2152014 Esteve Rabat 346 Mika Kallio 289 Maverick Viñales 2742015 Johann Zarco 352 Álex Rins 234 Esteve Rabat 231
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web de MotoGP
Categoría:Campionatos do Mundo de Motociclismo