Antonio Pérez González, nado en Oviedo (Asturias) o 6 de xullo de 1990, é un xogador de hóckey a patíns español. Xoga na posición de dianteiro. Dende a tempada 2011-12 viste a camiseta do H.C. Liceo da Coruña.
Traxectoria Toni Pérez comezou a práctica do hóckey a patíns na súa cidade natal, Oviedo. Con 16 anos conseguiu o ascenso como campión de Primeira División á OK Liga e o subcampionato da Copa do Príncipe co Esfer Oviedo. Trala súa marcha ao H.C. Liceo conseguiu o campionato de España júnior e o ascenso como campión da Primeira División co equipo "B", o Liceo Cerceda, á OK Liga na tempada 2008-09. Durante a tempada 2009-10 xogou no Club Patín Cerceda (club xurdido a raíz do ascenso do Liceo Cerceda), esa tempada foi o máximo goleador da máxima categoría do hóckey a patíns español con 43 goles empatado co dianteiro liceísta Pablo Álvarez, a pesar diso non puido evitar o descenso do club galego. Tralo descenso do club cercedense asinou polo PAS Alcoi, club co cal debutou nunha competición europea a nivel de clubs, a Copa CERS, no club alacantino foi o máximo goleador. Finalizada a tempada 2010-11, o Liceo repescouno para suplir a baixa do dianteiro arxentino Pablo Álvarez.
Equipos Esfer Oviedo H.C. Liceo Club Patín Cerceda: 2009-10 PAS Alcoi: 2010-11 H.C. Liceo: 2011-12
Palmarés Categorías inferiores Subcampión de España xuvenil: 2005-06 Campionato de España Júnior co Liceo: 2008-09
Esfer Oviedo Campión e ascenso á OK Liga: 2006-07 Subcampión de Copa Principe: 2006-07
Liceo Cerceda Campión e ascenso á OK Liga: 2008-09
HC Liceo 1 OK Liga: 2013
Selección española Campión de Europa xuvenil: 2006 Subcampión de Europa júnior: 2008 Campión do Mundo sub 20: 2009
Véxase tamén
Ligazóns externas Toni Pérez jugará en el Liceo las próximas 4 temporadas (hockeyasturias) Ficha de Toni Pérez na web do PAS Alcoi Entrevista a Toni Pérez en La Opinión da Coruña
Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de España Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1990