O último samurai (en ) é un filme americano dirixido e co-producido por Edward Zwick, quen tamén co-escribiu o guión baseado na historia de John Logan. Está protagonizado por Tom Cruise (tamén é produtor) no papel do soldado americano Nathan Algren, cuxos conflitos persoais e emocionais o porán en contacto cos guerreiros samurai durante a Restauración Meiji do Xapón entre 1876 e 1877. Tamén interveñen no filme os actores Ken Watanabe, Shin Koyamada, Tony Goldwyn, Hiroyuki Sanada, Timothy Spall, e Billy Connolly. O argumento do filme está inspirado na Rebelión Satsuma de 1877 levada a cabo por Saigō Takamori, nas historias de Jules Brunet, un capitán da armada francesa que loitou a carón de Takeaki Enomoto na anterior Guerra Boshin e en Frederick Townsend Ward, un mercenario estadounidense que axudou a occidentalizar o exército chinés mediante a formación da Ever Victorious Army.
Estreouse en galego na TVG o 30 de xaneiro de 2008.
Sinopse 1870. O capitán Nathan Algren é un home sen obxectivos. As batallas que librou noutro tempo parecen agora distantes e inútiles. Arriscou a súa vida na Guerra Civil Estadounidense e nas campañas contra os indios, pero, dende entón, o mundo cambiou radicalmente: o pragmatismo substituíu o valor, o interese persoal ocupou o lugar do sacrificio, e o honor é unha palabra doutro tempo. Nun país afastado, outro soldado ve como o seu modo de vida está a piques de desintegrarse. É Katsumoto, o último líder dunha antiga caste de guerreiros, os venerados samurais, que adicaron as súas vidas a servir ó emperador e ó seu país.
Personaxes Tom Cruise como o capitán Nathan Algren, un soldado americano veterano da Guerra Civil Estadounidense e das Guerras Indias. Ken Watanabe como o líder samurai Moritsugu Katsumoto Shin Koyamada como Nobutada, o fillo de Katsumoto que é o señor da pequena vila onde os samurai están acampados e onde teñen retido a Algren. Katsumoto, o líder samurai, encoméndalle a Nobutada ensinarlle a Algren a cultura e a lingua xaponesa. El é asasinado durante o rescate de Katsumoto. Tony Goldwyn como Tenente Coronel Bagley, Capt. Oficial ó mando de Algren no rexemento do 7th Cavalry. Masato Harada como Omura, un empresario e político proreformista que rexeita a antiga orde samurai e o shogun. Nakamura Shichinosuke II como Emperador Meiji. Hiroyuki Sanada como Ujio, un dos máis adicados, leais e feros samurai de Katsumoto. El ensina a Algren a arte samurai da loita con catana. Timothy Spall como Simon Graham, o tradutor entre o Capitán Algren e os seus soldados xaponeses. Seizo Fukumoto como Samurai silencioso, un home vello asignado para seguir a Algren (quen máis tarde ao alcumaría samurai "Bob"). Koyuki como Taka, irmá de Katsumoto e esposa do samurai Hirotaro, ó cal matou Nathan. Billy Connolly como Sarxento Zebulon Gant, un ex-soldado leal a Algren Shun Sugata como Nakao, un alto samurai coñecedor do jujutsu e a naginata, que toma parte no rescate de Katsumoto. Satoshi Nikaido como o N.C.O., un dos primeiros soldados adestrados por Algren.
Galardóns e nomeamentos 2003: 4 nomeamentos ó Oscar, incluíndo mellor actor secundario, vestiario, son. 2003: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario, actor de drama, bso. 2003: National Board of Review: Mellor director (Edward Zwick).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Edward Zwick Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes producidos por Tom Cruise Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Cruise/Wagner Productions Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes ambientados no Xapón Categoría:Filmes ambientados en 1877 Categoría:Filmes de samurais Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego