Stella Nyambura MwangiSTL MUSIC Stella Nyambura Mwangi Brønnøysund Register Centre nada en Nairobi (Kenya) o 1 de setembro de 1986, é unha cantante, compositora e rapeira norueguesa. Tamén é coñecida polo nome artístico "STL".
Traxectoria Mwangi comeza a practicar cantando cando tiña apenas oito anos de idade e ademais de cantar tamén toca o piano. Escribe música que fala da situación no seu país de orixe, Kenya, e da discriminación que tanto ela como a súa familia tiveron que soportar despois de mudarse a Noruega en 1991. Traballou en filmes como American Pie Presents: The Naked Mile e Save the Last Dance 2. Tamén apareceu en series de televisión tales como CSI: NY e Scrubs. Gañou varios premios entre os que se inclúen o Premio Kisima, Clops Premios e distincións Jeermaan.
Actualmente é unha das cantantes máis populares en Noruega despois de gañar o Melodi Grand Prix 2011, pero o seu éxito espallouse por Kenya, Senegal e Gambia. Está casada con Mads Rieverfield.
Festival de Eurovisión 2011 En 2011, Mwangi participou na selección nacional de Noruega para representar ó país no Festival de Eurovisión 2011, que se celebrou en Düsseldorf, Alemaña. O 12 de febreiro de 2011, Mwangi emerxeu como a gañadora. O 10 de maio, representou a Noruega coa canción "Haba Haba", pero non puido clasificarse para a final de Eurovisión a pesar de ser unha das grandes favoritas do concurso. Stella liderou a lista oficial de sinxelos en Noruega na semana 6 de 2011 coa súa canción gañadora "Haba Haba".
Discografía Álbums musicais AnoNotas2008 Living for Music Data de lanzamento: 20 de outubro de 2008 Selo: MTG Productions Formatos: Digital download2011 Kinanda Data de lanzamento: 10 de xuño de 2011 Selo: EMI Norway Formatos: Digital download
Sinxelos Ano Título Posicións Álbum musical NOR2007"Take It Back" — Living for Music2010"Smile" — Kinanda2011"Haba Haba" 1
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Entrevista, videos e fotos en Ugpulse.com
Categoría:Cantantes de Kenya Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Nairobi