Malgrat de Mar é un municipio catalán da provincia de Barcelona, o máis oriental da comarca do Maresme. É unha poboación dedicada ao turismo de praia.

Situación Malgrat de Mar está situado no litoral. Dista cerca de 66 km de Barcelona. O seu termo municipal limita cos concellos de Blanes a este, Palafolls a norte, Santa Susanna a oeste, e co mar a sueste.

A estrada N-II e a liña ferroviaria do Maresme (liña 1 de Rodalies Renfe) cruzan a poboación.

Historia Malgrat de Mar naceu no século XIV. En 1373 o seu nome oficial era Vilanova de Palafolls. Tradicionalmente era unha vila de pescadores.

Nos últimos decenios do século XX sufriu un rápido desenvolvemento turístico, iniciado na década de 1950, e culminado nos decenios que seguiron ao ano 1970.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 3.738 4.607 4.859 9.17410.92213.68618.261

Economía A economía de Malgrat de Mar baséase esencialmente no turismo estival.

Sitios de interese A Igrexa de Sant Nicolau, de estilo neoclásico.

Galería fotogáfica

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do concello Turismo de Malgrat Patrimonio históric e artístico Información da Generalitat de Catalunya

Malgrat de Mar