Adela Clorinda Figueroa Panisse, nada en Lugo o 6 de decembro de 1948, é unha bióloga, activista e escritora galega.

Traxectoria É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e foi catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1996 ata a súa xubilación. Antes estivo no IES A Xunqueira, IES Valle Inclán e IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Desde o ano 1990 é Mestrado en Educación Ambiental, pola UNED e a Universidade Empresa. Colaborou coa Misión Biolóxica de Galicia e o Centro Forestal de Lourizán, tamén coa Universidade do Minho como bolseira, no departamento do Instituto da Educação, e no de Quimica Pura e Aplicada.

Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi voceira de Nunca Máis en Lugo, así como presidenta de ADEGA (2005-2010), das Amizades da Eira da Xoana e da Fundación Eira (sita en Ramil, Agolada). Participou nas reunións do Primeiro Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa en Río de Xaneiro de 1986. Foi vogal da Agrupación Cultural O Galo durante os anos de estudante en Compostela (1966-1970). Foi membro da ISSOL (Asociación internacional para a investigación da orixe da vida), participando en varios congresos e colaboradora do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza e da Asociación de Ensinantes en Ciencias de Galiza (ENCIGA). Ten traballado para UNICEF no departamento de Educación para o Desenvolvemento.

Así mesmo ten colaborado en diferentes revistas como Cerna ENCIGA, Agália ou Portal Galego da Língua e en xornais como El Progreso, La Voz de Galicia, Xornal.com, Vieiros, A Nosa Terra, Praza Pública, Sermos Galiza e Nós Diario.

É autora de poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica. Tamén escribiu obra en prosa, literatura infantil e xuvenil, contos de mulleres, contos populares, de humor; tamén de terror e misterio.

En 2021 publicou As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida, da que di Claudio Rodríguez Fer:

Tamén colaborou en libros de texto de Bioloxía/Xeoloxía de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato da editorial ECIR.

Obras miniatura|300px|De esquerda a dereita: Isabel Vilalba, Adela Figueroa, Dora Cabaleiro e Elena Ferro na mesa redonda 'activismos pola sustentabilidade', mantida o 30 de novembro de 2018 na Casa das Letras en Ribadeo, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Poesía Vento de amor ao mar (2003). Ediciós do Castro. 97 páxs. ISBN 84-8485-136-2. Xanela aberta (2009). Sada: Ediciós do Castro. 93 páxs. ISBN 978-84-8485-286-5. Memória de pés sem sombra (2017). Fundación Eira. Desenhos de Celsa Sánchez Vázquez. Matria. Poesía para a Terra (2022). A Coruña: Medulia. 80 páxs. ISBN 978-84-125532-3-9. Memoria de Pés Sem Sombra (2016). Lugo. Dedicada as pessoas refugiadas. Edita Fundação Eira. Erótica e a alma das cereijas (2025). Andrómena Senlleira. ISBN 979-13-990240-6-7. Obras colectivas de poesía Xistral (desde 2004) Poesias Escolhidas. Vozes De Um Alma (vol I) e O Melhor de Mim (vol. 2) (2014) Brasil. Abraço Poetico, Cabo Verde-Galiza, 2015 Sementes da Lingua, Angola-Galiza, 2016 Literarte, Lugo, 2015 Mesturas, Lugo 2015 Elas São de Marte Coletánea Galaico Brasileira de poesia erótica femenina (Poesias Escolhidas). Abraço Poético. Coletánea Luso Galaica de Poesia. Poetas da Raia. Coletánea de poesia Hispano Lusa Homenagem a Rosalia. 150 Cantares para Rosalia. Obra colectiva en edición dixital. Manifesto 25N.Editorial Alvarelhos.2021.

Narrativa Madeira de mulher (2011). Sada: Ediciós do Castro. 209 páxs. ISBN 978-8484853053. Atlantidae: Mulher D'Água (2017). Relatos e poesía. Fundación Eira. 180 páxs. ISBN 978-84-697-9180-6. Ilustracións de Mª Celsa Sánchez. As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida (2021). Santiago: Laiovento. 188 páxs. ISBN 978-84-8487-534-5. A quadratura do círculo. Histórias de Lugo que podiam ter acontecido noutro lugar qualquer (2023). A Coruña: Medulia. 232 páxs. ISBN 978-84-19438-43-0.

Ensaio Loita contra o lume, Xunta de Galicia.

Literatura infanto-xuvenil O Rei da Floresta (2011). Sada: Ediciós do Castro. Ilustracións de Celsa Sánchez Vázquez. Prólogo de Anxo Moure. O Apalpador é a figura principal desta colectánea de historias que o Tío Nicandro vai relatando a Martiño, un meniño das montañas do Courel. O mistério da escada interior (2012) Sada: Ediciós do Castro. Teatro Infanto-Juvenil. 78 páxs. ISBN 978-84-8485-308-4. Cloe a Amiguinha das Flores. Conto Cantado. (2017). Texto da autora. Música de Xaquin Facal. Deseños de Celsa Sánchez. Edición dos autores. Gotas. O Ciclo da água para Crianças. Prémio teatro infantil "O Facho" da Corunha. Edição bilingue Português/ Espanhol. Editorial Novembro 2003. Desenhos de Celsa Sánchez. Músicas de Xaquim Facal Carmem e os caracóis marinhos. Edição limitada. Desenhos de Celsa Sánchez. Música de Xaquim Facal. Aldam e as cores do Arco-da-Velha. Desenhos de Celsa Sánchez. Música Xaquim Facal.

Outras obras colectivas Comentários ao novo acordo ortográfico, 1986, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal. Carvalho Calero 1910-2010: imaxe de cen anos, 2010, Concello de Ferrol. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).Libro electrónico Homenaxe a Manuel María. 2017. Deputación de Lugo. "Rosalia poeta Ambientalista". Boletim da Academia Galega da Lingua Portuguesa (2019). Remedios para o Galego.Através Editora. 2017. A Transición en Galza ( " As outras protagonistas da Transición"). Laiovento. Ensaio.2023.. Repensar Galiza. As Irmandades da Fala." Salvador Mosteiro, Um médico ao serviço da Língua". Xunta de Galicia. Museu do Povo Galego.2017.

Premios

Premio de teatro Infantil "O Facho" 2018 coa obra Pingas (o ciclo da auga para crianças) Prémio de Poesia 2019 Rosa de Cem Folhas. Santiago. Premio de Poesia Letras Galegas 2020, El Progreso de Lugo Premio relatos Asociación Cultural Terras de Chamoso 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Páxina no Facebook Páxina no Twitter Xornadas Filosóficas Pensarmos o Nunca Máis con Adela Figueroa, 2020. Burla Negra.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria