Luis Enrique Martínez García, nado en Xixón o 8 de maio de 1970, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección española. En xullo de 2018 comezou a adestrar a Selección de fútbol de España. Actualmente é adestrador do Paris Saint-Germain.
Traxectoria Adestrador En xuño de 2013 anunciouse que sería o substituto de Abel Resino no banquiño do Celta de Vigo por dúas tempadas.Luis Enrique dirigirá al Celta; Marca, 8 de xuño de 2014 En maio de 2014 anunciou que non continuaría no conxunto celeste ao rematar a tempada.Luis Enrique se despide del Celta con Mouriño admitiendo que había firmado por una temporada con opción a otra; La Voz de Galicia, 17 de maio de 2014 O seu substituto foi Eduardo Berizzo.Berizzo dirigirá al Celta dos temporadas; Faro de Vigo, 19 de maio de 2014
Dous días despois da súa marcha do Celta, o Futbol Club Barcelona anunciou a súa contratación por dúas tempadas.Luis Enrique, nuevo entrenador del Barça; Marca, 19 de maio de 2014
O 5 de xullo de 2023 foi presentado como novo adestrador do Paris Saint-Germain ata xuño de 2025. ¡Oficial: Luis Enrique al PSG! ; As, 5 de xullo de 2023
Palmarés Real Madrid Liga de España: 1994–95 Copa do Rei: 1992–93 Supercopa de España: 1993
Barcelona Liga de España: 1997–98, 1998–99 Copa do Rei: 1996–97, 1997–98 Supercopa de España: 1996 Recopa de Europa: 1996–97 Supercopa de Europa: 1997
España sub-23 Xogos Olímpicos: 1992
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do AS Roma Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Adestradores da selección de fútbol de España Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Adestradores gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Adestradores do Mundial de Fútbol de 2022