Travis Marquez Outlaw, nado o 18 de setembro de 1984 en Starkville, Mississippi, é un xogador americano de baloncesto profesional que é axente libre.

NBA Entrou no Draft da NBA de 2003 directamente do instituto de Starkville, Mississippi, onde foi escollido na 23ª posición polos Portland Trail Blazers. Nos seus primeiros cinco anos na NBA, Outlaw fixo 8.6 puntos e 3.2 rebotes por partido, cun 44.2% en tiros de campo.

Na NBA Summer League de Las Vegas, Outlaw acadou 18.7 puntos e 6.3 rebotes en 35.5 minutos por partido. Despois da liga de verán, moitos equipos ofreceron un traspaso por Outlaw a cambio dunha elección de primeira rolda. Pero nos Blazers quedaron co xogador, dicindo que ía estar con eles moito tempo.

O 18 de abril de 2007, Outlaw conseguiu a maior marca de puntos na súa carreira, con 36, contra os Golden State Warriors. Converteuse en axente libre restrinxido o 1 de xullo de 2007, e asinou o 17 de xullo unha extensión do seu contrato por 3 anos.

En febreiro de 2010, os Trail Blazers traspasaron a Outlaw, xunto a Steve Blake e 1.5 millóns de dólares aos Los Angeles Clippers a cambio de Marcus Camby.

O 8 de xullo de 2010, Outlaw asinou un contrato por 5 anos cun valor de 35 millóns de dólares cos New Jersey Nets.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en ESPN

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings