Antonio Robert Daniels, nado o 19 de marzo de 1975 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Tras xogar na universidade cos Bowling Green Falcons, Daniels foi seleccionado polos Vancouver Grizzlies na 4ª posición do Draft da NBA de 1997. Na súa carreira, xogou para os Grizzlies, os San Antonio Spurs, cos cales foi campión da NBA en 1999; cos Portland Trail Blazers, cos Seattle SuperSonics e cos New Orleans Hornets. Chegou a Nova Orleáns nun traspaso a tres bandas cos Washington Wizards e os Memphis Grizzlies, o 10 de decembro de 2008.HORNETS ACQUIRE ANTONIO DANIELS FROM WIZARDS

O 9 de setembro de 2009, foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2014, a cambio de Bobby Brown e Darius Songaila. O 24 de setembro de 2009, Daniels chegou a un acordo para desvincularse do equipo. O 1 de novembro de 2010, Daniels foi seleccionado polos Texas Legends da NBA Development League na 13ª posición do Draft da NBA D-League.

O 3 de abril de 2011, Daniels asinou un contrato de 10 días cos Philadelphia 76ers.Legends' Antonio Daniels gets call from 76ers

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Nados en Columbus, Ohio Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Vancouver Grizzlies Categoría:Xogadores dos Vancouver Grizzlies Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers