A Fouce foi unha publicación de marcado carácter independentista. Era o voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires e logo da Sociedade Nazonalista Pondal, que se publicou dende xaneiro de 1926 até xullo de 1936.
Historia e características Tralo comezo da ditadura de Primo de Rivera, a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires esgazou en dous. Mentres Blanco Amor e os seus partidarios marcharon á Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, outro sector encabezado por Manuel Oliveira Viqueira, Moisés da Presa, Clemente López Pasarón e Lino Pérez refundouna en 1925 cun marcado carácter independentista, e en xaneiro de 1926 comezou a editar A Fouce como o seu voceiro. Editáronse ese ano catro números, e ininterrompido a publicación. Entre os seus redactores figurou Sebastián Guerrero.
En 1927 a Irmandade converteuse nunha asociación cultural co nome de Sociedade d'Arte Pondal que logo será coñecida como Sociedade Nazonalista Pondal. A Pondal foi a unha das primeiras asociacións que avogou pola plena independencia de Galicia, e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia.
A Fouce volveu aparecer o 1 de febreiro de 1930, sendo nesta segunda época quincenal e mensual. En maio dese ano foi nomeado director Vicente Barros.A Fouce, maio de 1935, p. 3. Entre os seus colaboradores figurou Bieito Fernández Álvarez. O último número apareceu o 25 de xullo de 1936.
Durante a Guerra civil española, en 1938, autodisolveuse para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial, e a maioría dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires.
O 15 de agosto de 1941 volveu editarse unha publicación con este título, na que participaron antigos membros da Sociedade Nazonalista Pondal, entre eles, Vicente Barros, que foi o novo director e durará até 1944.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Alalá (revista) Publicacións impresas da diáspora galega
Ligazóns externas G. Matos, Antom (8/11/2011) "A Fouce, jornal galego" publicacionsgalegas.blogspot.com.es Mera, Manuel (7/8/2006). "O primeiro número saíu do prelo fai oitenta anos en Bos Aires. A Fouce, voceiro do arredismo" CIG. Cartafoles de prensa > Fernández del Riego > publicación Fouce, A Consello da Cultura Galega. Ficha na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Século XX en Galicia Categoría:Xornais de Buenos Aires Categoría:Xornais desaparecidos Categoría:Prensa nacionalista galega