Jared Scott Carter Jeffries, nado o 25 de novembro de 1981 en Bloomington, Indiana, é un antigo xogador americano de baloncesto profesional. Xogaba principalmente nas posicións de ala-pivote e pivote.

NBA Jeffries foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Washington Wizards, equipo onde xogou as súas primeiras 4 tempadas na NBA.

Os New York Knicks ficharon a Jeffries o 8 de agosto de 2006, despois de que os Wizards rexeitaran igualar a oferta dos Knicks.Knicks Sign Free Agent Jared Jeffries Pouco antes do comezo da tempada, Jeffries sufriu unha lesión no pulsoESPN - Report: Knicks' Jeffries has wrist surgery - NBA e perdeuse os 23 primeiros partidos da tempada. O 16 de decembro de 2006, Jeffries viuse envolto na liorta dun Knicks-Nuggets e foi suspendido por catro partidos.

O 18 de febreiro de 2010, foi traspasado aos Houston Rockets xunto a Jordan Hill, como parte dun traspaso a tres bandas que mandou a Tracy McGrady aos New York Knicks. Jeffries acordou o remate do seu contrato cos Rockets o 25 de febreiro de 2011.NBA transactions O 1 de marzo de 2011, Jeffries volveu aos Knicks.

O 16 de xullo de 2012, Jeffries, Dan Gadzuric, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda foron traspasados ós Portland Trail Blazers a cambio de Kurt Thomas e Raymond Felton.

En setembro de 2013, os Denver Nuggets contrataron a Jeffries coma ollador, tras retirarse coma xogador á idade de 31 anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados no condado de Monroe, Indiana Categoría:Nados en 1981 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers