José Carlos López Campos, nado na Estrada o 22 de marzo de 1974, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Comezou os seus estudos en Ciencias Empresariais en Santiago de Compostela. Foi director dunha oficina bancaria de Caixabank na Estrada. En 2003 foi elixido concelleiro na Estrada polo PPdeG, ocupando o cargo de concelleiro de Industria e Comercio e tenente de Alcalde na lexislatura 2003-2007. En 2007 volveu repetir como repetir como concelleiro pero pasou á oposición trala vitoria do PSdeG-PSOE, sendo o portavoz do grupo municipal trala renuncia do que fora candidato á alcaldía poucos meses despois das eleccións. miniatura|DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 foi elixido deputado. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG na Estrada e foi elixido alcalde ao obter a lista do PPdeG a maioría absoluta, ante o cal renunciou como deputado autonómico. Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 2015 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta, a cal revalidou e ampliou nas seguintes eleccións de 2019 e 2023. Tralas dúas últimas convocatorias electorais volveu ocupar un escano na Deputación de Pontevedra.
En abril de 2024 foi nomeado Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, abandonando os seus anteriores cargos.
Vida persoal Reside en Cañoteira. Está casado con Beatriz Pedreira e ten dous fillos: Sergio e Yago.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais na Estrada
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia