A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres.

Dende o ano 2000 mobilizou a través de accións internacionais, nacionais e rexionais, centenares de mulleres en torno á loita pola xustiza económica, o cambio político e social e os dereitos reprodutivos das mulleres, incluíndo a despenalización do aborto.

Historia e características En 1995 a Federación de mulleres do Quebec organizou unha primeira Marcha das mulleres na que participaron 850 mulleres que marcharon durante 10 días por reivindicacións sobre xustiza económica. Na meta final foron acollidas por 1500 persoas. Despois deste éxito xurdiu a idea de realizar unha Marcha Mundial das Mulleres no ano 2000.

O 8 de marzo do 2000 formalizouse o lanzamento da primeira Acción internacional en Xenebra, Suíza e culminou no palacio das Nacións Unidas en Nova York.

Unha terceira acción tivo lugar no 2005 na que entre o 8 de marzo e o 17 de outubro as mulleres a nivel mundial fixeron un relevo global de reivindicacións. Tamén se fixo pública a Carta Mundial das mulleres pola humanidade.

A cuarta acción levouse a cabo no 2010 onde diferentes grupos de mulleres realizaron acción entre o 8 de marzo e o 17 de outubro. O punto final desta marcha foi en Bukavu, República Democrática do Congo. Esta elección fíxose como xesto de solidariedade coa situación de violencia que se vive na rexión.

A Marcha Mundial das Mulleres do Brasil fortaleceuse cos sucesivos Foros Sociais Mundiais. No primeiro, realizado en Porto Alegre, a Marcha presentou a Carta das Mulheres Brasileiras, unha carta de reivindicacións que exixe terra, traballo, dereitos sociais, autodeterminación das mulleres e soberanía do país. A Marcha ten estreita relación coas mulleres campesiñas do Brasil.http://www.sof.org.br/marcha/

Obxectivos No Sexto Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres realizado en Lima, Perú, entre o 2 e o 9 de xullo de 2006, a Marcha actualizou os seus obxectivos e fixounos nas seguintes liñas:

Áreas de acción miniatura|Marcha Mundial das Mulleres no FSM2015 Tunisia Autonomía económica das mulleres A Marcha Mundial das Mulleres defende a autonomía económica como a capacidade das mulleres de ser provedoras do seu propio sustento así como sostén das persoas que dependen dela. Neste sentido, a autonomía complétase coa capacidade de decidir cal é a mellor forma para soster a súa propia vida. Segundo esta organización, a autonomía non é só financeira, senón que inclúe dereitos en materia de acceso a servizos públicos e outros dereitos esenciais como a saúde e a vida digna.http://www.sof.org.br/marcha/?pagina=temasautonomiaeconomica

Violencia contra as mulleres Para a Marcha Mundial das Mulleres, a violencia contra as mulleres é propia, estrutural e inherente ao sistema patriarcal vixente actualmente no marco do sistema capitalista. A violencia opera como ferramenta de control da vida, o corpo e a sexualidade das mulleres por parte de homes, grupos de homes, institucións patriarcais e Estados. Por este diagnóstico feito pola Marcha, un dos eixos fundamentais de traballo é loitar contra o sistema patriarcal, contra a violencia de xénero e outras formas de violencia contra as mulleres como grupo social.

Dereito aos bens comúns e servizos públicos Os bens comúns son aqueles bens específicos que todos comparten e benefician a todos os membros dunha comunidade para manter unha vida digna. As mulleres teñen dereito á comida, auga, terra, vivenda, coñecemento e servizos públicos como a educación, saúde e enerxía.

Paz e desmilitarización A Marcha Mundial das Mulleres chama especialmente a atención sobre as vexacións e abusos aos que son sometidas as mulleres en tempos de guerra. Apropiación dos seus corpos, control, intimidación, trofeo de guerra... son parte dos máis variados casos de violencia sexista habituais en zonas de guerra e violencia. É por esta razón que a Marcha pon especial énfase nos dereitos das mulleres e na construción de sociedades baseadas na paz e a desmilitarización como eixo esencial da construción de sociedades máis xustas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Feminismo. Ecofeminismo. Dereitos da muller. Activismo feminino.

Ligazóns externas Mmm2010 . Wikigender . Carta Mundial das Mulheres para a Humanidade .

Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Paz Categoría:Organizacións de mulleres Categoría:Organizacións feministas