Antònia Font foi un grupo de música mallorquí nado en 1997, que se caracteriza pola súa música festiva e polas súas letras humorísticas e fantasiosas. Entre os temas do universo creativo de Antònia Font destacan, en especial, o espazo, a astronomía e todo o que se relaciona coa astronáutica; pero tamén o ambiente máis cotián e achegado, que estabelece un lugar constante entre unha perspectiva local, global e universal ou cósmica do mundo.

Habitualmente, clasifícanos como un grupo de pop, malia que eles manifestan que no momento de compoñer as cancións non teñen "prexuízos de estilo", e os temas son unha cousa que a miúdo sae espontaneamente.

O compositor dos temas é o guitarrista do grupo, Joan Miquel Oliver, que tamén edita discos en solitario e escribe letras doutros grupos, como Fora des Sembrat.

Orixe do nome Circularon diferentes versións e lendas sobre a orixe do nome do grupo. A que historicamente tomou máis forza é a que di que "Antònia Font" era o nome dunha rapaza que tivera relacións amorosas con todos os membros da banda. Con todo, sempre que se lle pregunta ao grupo sobre o seu nome, responderon que se debe a unha compañeira de universidade que os acompañou durante o período de formación. Explican que se alegrou moito cando decidiron poñerlle o seu nome a un grupo formado só por homes.

Traxectoria No ano 1997 Antònia Font gravou a súa primeira maqueta, onde había catro temas titulados Cibernauta Joan, L'Univers és una festa, Rumba e Es xifon és un aparato. Destacan por unhas letras imaxinativas e unha adaptación libre de diferentes estilos musicais. O primeiro concerto foi o mesmo ano nos quintos de Bunyola. A partir de aquí, o grupo comeza a tocar polos bares dos arredores de Mallorca ata a publicación do primeiro disco.

No 1999 gravaron nos estudios Tj Sò o seu primeiro disco titulado Antònia Font igual que o grupo, baixo a produción de Tomeu Janer.

Dous anos despois, o 17 de febreiro de 2001, presentaron o segundo en Barcelona: A Rússia. Nesta ocasión optaron polo continuismo, xa que no anterior traballo funcionara e a fórmula cultivada gustáballes, segundo opina Pau Debon, o cantante do grupo. Nestes dous discos xa están moi presentes os elementos sorprendentes.

O seu seguinte traballo discográfico, titulado Alegria, apareceu ao cabo dun ano. Sen abandonar o estilo, o ton e o ritmo das súas cancións, o cambio do segundo ao terceiro disco foi maior do que houbera entre o primeiro e o segundo.

Taxi, o cuarto traballo discográfico de Antònia Font, presentouse en 2004 e fíxoo acompañado de material audiovisual (un DVD e textos adxuntos).

No 2006 presentouse Batiscafo Katiuscas. Se el disc Taxi se caracterizaba por un contido relacionado co espazo exterior e os mundos e personaxes inventados, Batiscafo Katiuscas é unha viaxe interior na que a soidade e a melancolía están moi presentes.

En Coser i cantar, gravado cos cincuenta músicos de corda e vento da Bratislava Symphony Orchestra, e con arranxos do compositor contemporáneo Miquel Àngel Aguiló, reinterpretan vinte temas, nos que descobren unha perspectiva inédita da unión entre pop e sinfonía. Por aquesta esta obra, en xullo de 2008 recibiron o Premio Nacional de Música concedido pola Generalitat de Cataluña, no que destaca "a personal aportación á música pop-rock en catalán do quintento mallorquí".Francesc Casadesús, Antònia Font i Salvador Sunyer, Premis Nacionals de Cultura

12 de abril de 2011 saíu o seguinte CD da banda: Lamparetes, botando por terra así algúns rumores que anunciaban a fin da banda. O 22 de marzo adiantaron unha cación do CD: Clint Eastwood, tema que fai unha homenaxe ao cineasta.

Discografía AnyTítolDiscogràficaComentaris1999Antònia FontProduccions Blau|Blau/DiscMedi2001A RússiaMúsica GlobalDisco Catalán do Ano en Ràdio 42002AlegriaVirgin-DracPremio Puigporret da Crítica ao Mellor Disco do Ano2º Mellor Disco Español en Rockdelux2004TaxiProduccions Blau|Blau/DiscMediPremio Altaveu do MMVV ao Mellor Disco de PopMellor Disco do Ano en 'Enderrock e Rock'n'clàssic2006Batiscafo KatiuscasProduccions Blau|Blau/DiscMedi2007Coser i cantarProduccions Blau|Blau/DiscMediDisc amb cançons de discs anteriors acompanyades per una orquestra2011LamparetesRobot Innocent Companyia Discogràfica2012Vostè és aquí

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial do grupo páxina Myspace oficial do grupo Páxina de Facebook oficial do grupo Páxina con todos os discos e letras do grupo

Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais formados en 1997 Categoría:Grupos musicais separados en 2013 Categoría:Grupos musicais das Illas Baleares Categoría:Artistas de Música Global