O Funicular do Tibidabo é un funicular de Barcelona que une a Plaça del Doctor Andreu co Tibidabo. O seu traxecto ten unha lonxitude de 1152 metros e a estación inferior está conectada co Tramvia Blau.
Trátase do primeiro transporte destas características que funcionou en España. Construíuse en pouco máis dun ano, coa participación de Siemens AG, e foi inaugurado ás 15:00 do 29 de outubro de 1901, cun custo total de 697.000 pesetas.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas
Funicular do Tibidabo en trenscat.com
Categoría:Transporte en Barcelona Tibidabo