O Trambaix é a rede de tranvía xestionada por Trammet que conecta o Baix Llobregat con Barcelona (distrito de Les Corts) e transporta unha media de 50.000 viaxeiros por día laborable. Abriu ao público o 3 de abril de 2004 nun fin de semana de portas abertas durante o cal os cidadáns podían usalo libremente.

Ten un total de tres rutas denominadas T1, T2 e T3 que empezan o percorrido na plaça de Francesc Macià en Barcelona e diríxense cara a L'Hospitalet de Llobregat, Esplugues de Llobregat, Cornellà de Llobregat, Sant Joan Despí e Sant Just Desvern. A rede ten unha lonxitude de 15'1 km en vía dobre, 29 paradas e 3 intercambiadores.

O tranvía circula por unha plataforma reservada, salvo os cruces con outros viarios, e dunha regulación semafórica que podería facer superar os 20 km/h de velocidade comercial. Actualmente a media de todos os servizos ten unha velocidade comercial de 18 km/h, por diante dos 12 km/h dos autobuses urbanos, e inferior a 29 km/h do metro de Barcelona.

Percorrido As tres liñas do Trambaix teñen un tramo común entre Francesc Macià e Montesa. En Montesa a T3 bifúrcase cara a Sant Feliu|Consell Comarcal pasando por Hospital Sant Joan Despí-TV3 (antes Sant Martí de l'Erm). A T1 e a T2 comparten un tramo desde o Pedró ata a finalización da T1 en Bon Viatge e a T2 segue ata finalizar o seu percorrido en Llevant-les Planes (antes Sant Martí de l'Erm).

Correspondencias con outros transportes Estación Correspondencia Liñas Tipo de enlace Maria Cristina 20px 20px 20px 20px 20px directo Palau Reial 20px 20px 20px 20px 20px directo Zona Universitària 20px 20px 20px 20px 20px 20px 20px próximo Avinguda de Xile 20px 20px 20px 20px 20px 20px en obras Ernest Lluch 20px 20px 20px 20px 20px en obras Can Rigal 20px 20px 20px 20px 20px próximo (5 min) Cornellà Centre 20px 20px20px 20px 20px 20px 20px directo La Fontsanta 20px 20px 20px 20px próximo

miniatura|centro|550px|Mapa do Trambaix.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Trambesòs

Ligazóns externas Sitio oficial de Trammet

Categoría:Transporte en Barcelona Categoría:Tranvías de España