Roy Jay Glauber, nado en Nova York o 1 de setembro de 1925 e morto o 26 de decembro de 2018 en Newton, Massachusetts, Estados Unidos de América, foi profesor de física da Universidade Harvard. Foi galardoado xunto con John L. Hall e Theodor W. Hänsch co Premio Nobel de Física do ano 2005 pola súa contribución á teoría cuántica de coherencia óptica.

Traxectoria Nos seus resultados, publicados en 1963 (The Quantum Theory of Optical Coherence), Roy Glauber estabeleceu as bases da óptica cuántica mostrando que a teoría cuántica rexe o campo da óptica. Estendeu despois as súas investigacións a diversos temas en dito campo. Puido explicar as diferenzas fundamentais entre fontes cálidas de luz, como as lámpadas eléctricas cunha mestura de frecuencias e fases e os láseres que dan unha frecuencia e fase concretas.

Con 12 anos xa fabricara o seu propio telescopio, que aínda conserva, e mais un aparello que polarizaba a luz. Por algo relacionado con aquilo, a teoría sobre como contar fotóns, recibiu o nobel case 70 anos despois.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina de Roy Jay Glauber no departamento de Física da Universidade de Harvard. . Premio Nobel de Física de 2005 .

Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1925 Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Nados en Nova York Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América