Eliseo Diéguez García, nado en Vilameá (Rodeiro) o 13 de decembro de 1949, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria É enxeñeiro industrial experto en enerxías renovables. En 1999 encabezou a lista do PPdeG para o concello de Rodeiro, obtendo a maioría absoluta e sendo elixido alcalde, maioría que repetiu en 2003. En 2004 entrou a formar parte da xunta directiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e en 2005 foi nomeado presidente do Comité de Municipios con parques eólicos. En 2009 foi nomeado director do Instituto Enerxético de Galicia.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Rodeiro

Categoría:Alcaldes de Rodeiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes